domingo, 28 de octubre de 2012

24 de outubro: Día das Bibliotecas escolares



Celebramos o día das bibliotecas escolares cunha presentación de debuxos feitos polos alumnos e alumnas de primaria. Neles reflexaron a súa visión das bibliotecas e os libros.

A Biblioteca e os libros na mente dos nenos/as on PhotoPeach






 Logo seguimos con sesión de contacontos (actividade que gusta moito tanto a grandes como a cativos) a cargo da nosa Teacher. Esta vez contounos O SEGREDO DO REI CURRO.

Pinchade no seguinte enlace e poderedes velo
http://www.youtube.com/watch?v=S6NrFnPXVl4


  E para terminar nada mellor que un pouco de humor da man de Mr. Bean...nunha biblioteca.
  Téndelo  no seguinte enlace:

  http://www.youtube.com/watch?v=yfY1Ki3_SBI    

jueves, 25 de octubre de 2012

DESPEDIMOS A MALETA VIAXEIRA DE PAPEL

Durante o mes de Outubro coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas, a librería Kátedra proporcionounos unha maleta chea de libros para que os seguidores da Biblioteca do Rato puideran disfrutar de novas lecturas. A verdade é que foi todo un éxito. Moitas grazas rapaces pola vosa colaboración!

viernes, 5 de octubre de 2012

HALLOWEEN - SAMAÍN

Aquí tendes un avance das actividades propostas para a celebración do Samaín deste ano. Ide buscando cabaza e sacando o disfraz do armario. Novas aventuras nos esperan!

jueves, 4 de octubre de 2012

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Dende a Biblioteca do Rato andamos atarefados preparando actividades para festexar o Samaín. Velaquí tendes unha exposición de lecturas de terror.
Aproveitade este mes para ler e pasalo de medo!