Este ano co proxecto anual da biblioteca daremos A VOLTA Ó MUNDO NUN BALÓN coincidindo co vindeiro Mundial de fútbol de Rusia 2018.
Xa tendes á vosa disposición unha selección de libros de fútbol, na exposición.
Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e ganas de vivir novas aventuras co noso rato Roger.
Dende a Biblioteca do Rato damos a benvida ás novas alumnas do cole e a todos os que xa formades parte da nosa gran familia e desexámosvos un novo curso escolar cheo de moito traballo, esforzo, ilusión, felicidade, bos momentos e moitas e abundantes lecturas.