Todo o alumnado do cole colaborou na creación dunha margarida na que cada pétalo simboliza o respecto ou non respecto pola muller, cambiando o tradicional quéreme ou non me quere, por un respéctame ou non me respecta.
O venres 8, todo o alumnado do cole gozou da festa do Magosto. Fixemos xogos populares, escoitamos música tradicional galega e comemos as castañas, estaban boísimas!