Comezamos o traballo co visionado de vídeos, charlas e reflexións sobre este problema tan presente na sociedade.
O luns pola tarde empezamos a elaborar un mural no que representamos un iceberg que simboliza a parte visible e a encuberta da violencia de xénero. Cada alumn@ elixiu dúas palabras relacionadas con este tema, que posteriormente pegou no mural.
Onte pola tarde puidemos gozar dun espectáculo de títeres sobre a violencia de xénero titulado " Unha armadura de ferruxe".
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado.