martes, 12 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta semana dende A Biblioteca do Rato traballaremos coa figura de Xosé F. Filgueira Valverde.
Repasaremos a súa andanza usando os carteis informativos e traballaremos usando as seguintes páxinas:

Actividades en liña

http://www.seminariogalan.org/

PASAPALABRA

GALICIA DIXITAL



Para conmemorar esta festividade, un ano máis os alumnos de 2º grupo de primaria asistirán as xornadas de teatro de Bande representando unha obra titulada: "Parola entre a taberna e a escola"


martes, 5 de mayo de 2015

EXPOCIENCIA RAMIRÁS

Durante as últimas semanas do mes de abril, aproveitando as celebracións deste mes, como o día do Libro e o da Literatura Infantil e Xuvenil, acordamos celebrar unha Expociencia de pais e alumnos que foi todo un éxito.



Divertímonos moito e démoslle ao coco coas exposicións científicas e os trucos de maxia científicos de Carlos, o pai de Alba e Carlitos. Aprendemos de densidades e escachamos coa risa co crecepelo de Analía e seu pai Jorge que xuntos fixeron unha exposición moi amena e sincronizada no diálogo.




Os alumnos do 2º grupo convertéronse en grandes científicos axudándonos a comprender a presión atmosférica a través dunha vela, crearon unha lámpada de lava, conseguiron manter pelotas de pinpón en suspensión co aire dun secador, explicaron a execución de xoguetes científicos como o espectroscopio, o xoguete aerodeslizador e o simple xogo do teléfono con vasos de iogur.
Con outros experimentos tamén lograron plantar lume na auga engadindo un gas inflamable, fixeron unha explosión con mentos e coca cola e mesmo conseguiron introducir un ovo nunha botella así como fabricar un extintor caseiro ou rachar un bloque de xeo cun cable de cobre e comprobar como se volve a soldar de novo.

Aprendemos moito de ciencia nestas xornadas e unha vez máis fixemos da nosa biblioteca un lugar de encontro, convivencia e aprendizaxe.
Dende a biblioteca do Rato agradecemos a participación de Carlos e Jorge nestas xornadas e animamos a toda a comunidade educativa a participar neste tipo de actividades.