viernes, 24 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS

Este 17 de maio homenaxeamos a poeta Luísa Villalta e polo tanto a toda esa xeración de autores e autoras que comezan a expresarse na década dos anos 90 do século pasado e nos primeiros anos do século actual.

Luísa Villalta foi unha activista moi comprometida con Galicia, por iso quixemos celebrar este día facendo un chaveiro na impresora 3D co mapa de Galicia e coa mascota da nosa Biblioteca, pois a Luísa gustábanlle tanto os libros como ao noso Rato. Ademais, tamén puidemos ler libros sobre ela e facer un Genially que nos axudou a comprender todo o que Luísa loitou por defender a lingua galega.



VISITA DOS BOMBEIROS

O 23 de abril visitáronnos os Bombeiros dá Mancomunidade Terra de Celanova. Aprendemos unha chea de cousas con eles sobre educación viaria e emerxencias. Ademais, subíronnos ao coche de bombeiros e ensináronnos moitos dos seus elementos: mangueiras, bomba de auga, escaleiras, luces etc. Encantounos a súa visita.




A NOSA HORTA

 Chegou a época de cultivar para poder recoller os froitos antes de terminar este curso escolar. Preparamos a terra e aprendemos unhas nocións básicas de agricultura. Agora xa sabemos como plantar cenorias, tomates, amorodos, leitugas, perexil...

Trataremos de coidar ben a nosa colleita para que todo salga ben. Tratamos de localizar a nosa horta orientada ao sur e nun lugar onde lle de moito a luz, esperamos que as choivas e as temperaturas sexan favorables.

Oxalá vos ensinemos pronto a nosa colleita.



martes, 14 de mayo de 2024

XOGOS POPULARES

Hai uns días visitounos Lito e con el gozamos dunha experiencia de promoción da cultura galega mediante a práctica de xogos tradicionais.

Pasamos un intre moi agradable e saímos da rutina xogando aos xogos cos que se divertían os nosos avós e os nosos pais durante a súa infancia.






sábado, 11 de mayo de 2024

PINGÜÍN

 O alumnado de Infantil desprazouse ata o Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Pingüín. Este peza teatral abordaba a situación á que se enfronta un neno/a cando vai ter un irmán. O ter que compartir a atención e o agarimo da súa familia acaba sendo algo positivo, pois acaba gañando unha amizade para toda a vida.



miércoles, 8 de mayo de 2024

METEOESCOLAS

Como sabedes este curso escolar estamos a traballar a meteoroloxía grazas ao Plan Proxecta MeteoEscolas.

Hai un tempo fixemos unha exposición de fotografías sobre o tempo e o clima que nos enviaron as familias e aquí vos deixamos un vídeo para ver que bonitas son.

Ademais, tamén vos mostramos os resultados que obtivemos o mes de abril na nosa estación meteorolóxica.



martes, 7 de mayo de 2024

CANTACONTOS

Onte, tivemos no centro unha sesión de Cantacontos de mans da compañía Teatro Migallas. Que intre máis divertido pasamos con María a dos contos e co señor Do-re-mi.

Por aquí vos deixamos un par de fotos.





domingo, 5 de mayo de 2024

SEMANA DO LIBRO

 Desde a Biblioteca do Rato quixemos celebrar a semana do libro. Empezamos realizando unha cita a cegas cun conto que resultou ser un éxito, igual que o préstamo especial que fixemos onde nenos e nenas se implicaron moito en escoller un libro que lle gustase ao seu amigo/a invisible.

Os de Infantil tiveron unha sesión de contacontos por parte do alumnado máis maior e os nenos e nenas de 4º e 6º realizaron un scape room na biblioteca do que saíron vitoriosos.