martes, 20 de mayo de 2014

LENDAS E ÁRBORES

Outros dos traballiños propostos para o proxecto deste ano era a recollida de lendas da zona e información das árbores máis comúns.
Unha das lendas máis sonada na contorna é a da Virxe da Ponte Peidiz que as alumnas de 2º e 3º Educación Primaria reflexaron nun cómic, que podedes ver a continuación.
Tamén vos amosamos o libriño coas carácterísticas e usos das árbores máis comúns do noso concello que elaboraron os alumnos de primaria.



lunes, 12 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Dende a Biblioteca do Rato rendimos homenaxe a Xose María Díaz Castro.

A continuación tendes uns enlaces de actividades que traballaremos nas aulas sobre a figura deste persoeiro das nosas letras:
Seminario Galán: http://www.seminariogalan.org/
Xogo pasapalabra: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_gallegas_2014.swf
Pasapregunta:http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_galegas_2.swf
Telexornal :https://www.youtube.com/watch?v=JUdnBPTcLrg&list=UUCMczPOHPRC1REuRmYPN7Og
Documental sobre Xose María Díaz Castro:  https://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8#t=1610
Materiais diversos sobre as Letras Galegas: https://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8#t=1610

Un ano máis tamén festexamos o Día das nosas Letras coa participación no Teatro de Bande. Este ano coa obra titulada, "O restaurante Freás, o mellor de todo Ramirás"

viernes, 9 de mayo de 2014

OS REFRÁNS DE RAMIRÁS

Como xa sabedes este ano seguimos traballando en coñecer un pouco máis o noso concello e o seu entorno, así como as súas costumes tradicións, lendas e refráns.
Desta volta elaboramos un libro con refráns que recompilamos entre todos e que agrupamos nun libriño.
Aquí o tendes para que lle botedes unha ollada.