Hoxe é un día para lembrar, recordar e practicar a diario. Oxalá non tivera que haber un día apra lembrar a PAZ, porque iso significaría que a loita por un undo xusto e mellor estaría gañada.
No día de hoxe e as semanas pasadas rendimos homenaxe a paquistaní Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz e loitadora nun mundo domininado por homes onde o dereito a educación que ela tanto proclama é negado ás mulleres.
Deste xeito, despois de saber un pouquiño máis sobre a súa vida puxémonos a estudar e repasar as súas frases coas que montamos un mural e elaboramos un libro para a nosa biblio. Os alumnos de 5º e 6º contáronnos o conto "O lapis máxico de Malala", lemos as súas frases e cantamos e bailamos a canción " O baile da PAZ" de Mamacabra.
Para rematar este gran día saímos ao patio a pintar a PAZ para que xamais nos olvidemos dela e a levemos a práctica todos os días das nosas vidas.
Así pasamos a xornada.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
martes, 30 de enero de 2018
lunes, 29 de enero de 2018
CADERNO DE FRASES DE MALALA YOUSAFZAI
Este ano rendimos homenaxe a Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz .
Despois de repasar a súa biografía e andanza no mundo cruel que lle tocou vivir estudamos as súas sabias frases e ensinanzas que transmiten que son moitas e moi boas. Coas súas frases decidimos facer un caderno e un mural.
Aquí tendes o resultado!!

martes, 23 de enero de 2018
O NOSO PROXECTO NO XORNAL
O pasado mércores o noso proxecto da biblio " A volta ao mundo nun balón" saiu no suplemento Xornal Escolar do periódico "La Región"
Velaí vai a reportaxe!! Espero que vos guste, a nós encantounos!!
Velaí vai a reportaxe!! Espero que vos guste, a nós encantounos!!
lunes, 22 de enero de 2018
ACTIVIDADES DÍA DA PAZ
O vindeiro 30 de xaneiro conmemoraremos o día da PAZ e lembraremos unha vez maís a necesidade de acordarnos desta verba máxica e levala á práctica todos os días do ano.
Para iso, estamos a traballar e preparar as actividades que se desenvolverán o próximo martes 30 de xaneiro.
Para iso, estamos a traballar e preparar as actividades que se desenvolverán o próximo martes 30 de xaneiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)