Este ano fixemos unha exposición de gorros de samaín. Grazas familias pola colaboración!
A Biblioteca do Rato
Ceip Rogelio García Yañez de Ramirás.
jueves, 29 de octubre de 2026
martes, 27 de octubre de 2026
Con motivo da conmemoración do día das bibliotecas escolares,tivemos unha visita moi especial no noso cole: a da contacontos MANUELA VARELA, que nos achegou ao marabilloso mundo dos contos a través dunha historia chea de maxia e fantasía:A BRUXA MARUXA, un conto moi axeitado para estas datas de outono e para celebrar a chegada do samaín.
Moitísimas grazas a MANUELA VARELA por regalarnos esta experiencia tan especial e por axudarnos a celebrar a maxia dos libros e da nosa biblioteca escolar.
viernes, 23 de octubre de 2026
Club de lectura do rato
Este pasado martes tivemos a primeira reunión do club de lectura deste curso para o grupo de 3º e 4º de primaria. Ademais de organizarnos e dar a coñecer ás novas persoas participantes o funcionamento do club, escollimos a que será a nosa primeira lectura xuntas: La vuelta al mundo en 80 días, moi relacionada co noso proxecto, por outra parte...
Todas as persoas que desexedes compartir con nós esta lectura xa sabedes que vos podedes unir ao noso club de lectura, pedide información na biblioteca do rato!!
Xa podedes atopar na biblioteca do centro novas propostas de lecturas!
Nos expositores da biblioteca xa podedes atopar novas seleccións de lecturas relacionadas co tempo no que estamos a piques de entrar e tamén co proxecto que queremos levar a cabo durante este curso escolar.
viernes, 16 de octubre de 2026
COMEZA O CLUB DE LECTURA 26/27
A próxima semana volvemos a gozar xuntas da lectura, o martes reunirémonos o grupo de terceiro e cuarto de primaria e o seguinte martes o grupo de lectura de quinto e sexto.
Temos novidades preparadas para este ano, que pronto compartiremos con todas vós. Estade atentas ao blog para mantervos informadas!
jueves, 15 de octubre de 2026
INTERMUNDOS: Unha aventura por cinco continentes!
miércoles, 14 de octubre de 2026
BENVIDAS DE NOVO Á BIBLIOTECA DO RATO!
Estamos comezando a darlle vida de novo a nosa biblioteca, despois do merecido descanso de verán.
Xa podedes vir cada venres a coller libros en préstamos, lembrade: os vermellos (que son os de información) quedan na clase, os demais podedes levalos a casa e lelos onde máis vos apeteza!






.jpg)

