miércoles, 24 de febrero de 2016

FELICIDADES ROSALÍA

Para conmemorar a gran Rosalía fixemos as seguintes actividades:



- Repasamos a súa biografía.





- Como o noso proxecto anual é artístico fixemos un cadro con fotos de Rosalía ao estilo Pop Art imitando o cadro de Marilyn de Andy Warhol.




























-  Os alumnos de 3º e 4º de primaria recitaron os seus poemas que podedes escoitar no seguinte vídeo.





- Os alumnos de 5º e 6º fixeron postais cos seus poemas e despois de escanealos enviáronllos ós seus pais para desexarlle un feliz día de Rosalía.



XORNAL DE ARTE ROGELIO GARCÍA YÁÑEZ

Hoxe sae publicado no suplemento Xornal Escolar da Región o xornal de arte que elaboraron os alumnos de 3º e 4º de Primaria.
Aquí tamén podedes botarlle unha ollada.
Esperamos sexa do voso agrado.


jueves, 18 de febrero de 2016

VINCENT VAN GOGH




O  pintor que estamos a estudar agora  é Vincent Van Gogh.
Podedes repasar a súa biografía e os seus cadros nos seguintes enlaces.

 



viernes, 12 de febrero de 2016

CADROS ABSTRACTOS

O último traballo de arte que fixemos foron uns cadros abstractos con formas xeométricas imitando o estilo de Kandinsky onde a cor é o que máís predomina deixando o obxecto  nun segundo plano.
Xa están expostos na nosa galería de arte.

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO

Durante esta semana festexamos O ENTROIDO como se merece. Como ben sabedes, este ano o noso Ratiño ordenou que cada día trouxeramos unha peza de roupa ou accesorio de pintor para rematar sendo uns auténticos artistas. Tamén estudamos as orixes do Entroido e as distintas máscaras e traxes das localidades ourensás. O venres disfrutamos dunha xornada de Entroido con moita festa e xogos .