viernes, 23 de febrero de 2024

"ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES"



Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o aniversario de Rosalía de Castro. Para iso, fixemos un recital de poesía do seu libro Cantares Gallegos. Grazas a esta obra, publicada o 17 de maio de 1863 considérase a Rosalía a poetisa que inaugura o Rexurdimento.

Os cantares foron recitados diante do mural que lle dedicamos. Un mural que simboliza o seu nome e que nos lembra o compromiso que a autora tiña por revalorizar a cultura popular de Galicia e do seu idioma.





viernes, 16 de febrero de 2024

SOLTA PARA PODER VOAR

 O 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz, baixo o lema “Solta para poder voar”.  Mediante un globo aerostático, creado con deseños de todo o alumnado, quixemos representar que para voar alto debemos despexar a nosa cesta daquelas cousas que non nos deixan avanzar e centrarnos nas que nos axuden na viaxe. Os nenos e nenas quixeron deixar atrás os conflitos e elixiron ir acompañados de: felicidade, amizade, amor, respecto, unión e bondade.

Pero non volo perdades, tamén tivemos tempo para o baile e a lectura. Aquí vos deixamos unhas fotos que mostran o ben que o pasamos.






miércoles, 14 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 Aquí vos deixamos unhas pinceladas da nosa celebración de Entroido. Xa esperamos con ganas que chegue o seguinte.

 


lunes, 5 de febrero de 2024

É TEMPO DE ENTROIDO

Empeza unha semana chea de diversión. Deixámosvos por aquí as ordes do Meco para esta semana. Lembrade que o venres é libre, podemos disfrazarnos do que queiramos.


viernes, 2 de febrero de 2024

HELP! (TROUBLE IN THE JUNGLE)

O alumnado de 4º e 6º desprazouse ata o auditorio de Ourense para ver a obra de teatro HELP. Unha representación que nos fixo ser conscientes do problema da deforestación. Zonia, así se chamaba a protagonista da historia, loitou contra esta problemática e fíxonos ver que a natureza lle proporciona medicinas, alimento e fogar a moitos animais.