viernes, 27 de febrero de 2015

LEMBRAMOS A ROSALÍA

Durante esta semana rendimos homenaxe a Rosalía de Castro traballando cos seus poemas e repasando as súas vivencias.
Aquí podedes ver os traballos e as fotos da súa homenaxe.




martes, 24 de febrero de 2015

O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 24 de Febreiro lembrámonos de Rosalía, a nai das letras galegas.
Durante esta semana traballaremos cos seus poemas e repasaremos a súa andanza.



 

viernes, 20 de febrero de 2015

ESTE ANO VAI DE CIENCIA

Como ben sabedes, este ano o proxecto no que andamos a traballar vai de ciencias e tanto as exposicións de libros como as mochilas viaxeiras ofrertan libros e enciclopedias deste campo.
Estamos a traballar na elaboración dun caderno de experimentos e de cando en vez poñémonos mans a obra.

Neste caso observamos como unha simple boliña de papel non é capaz de entrar nun botella de plástico.

  MATERIAIS A EMPREGAR.
 Botella de plástico.

Anaco de papel.





PROCEDEMENTO 1
Colocamos a boliña de papel na boca da botella e tentamos soprar.
A boliña non entra na botella, senon que sae disparada.


PROCEDEMENTO 2

 Facemos un buraco na botella e poñemos a boliña na boca da botella.
 Sopramos e agora conseguimos que a boliña entre.

 
 EXPLICACIÓN


Na primeira execución a botella está chea de aire e non hai espazo para acomodar o aire que se lle envía. Así, si entra algo de aire sorteando a botella, o aire interior é expulsado botando fóra a boliña de papel.

Si lle facemos un buraco a botella, conseguiremos que a boliña de papel entre, pois ao mesmo tempo que entra o aire pola boca da botella sae polo buraco e deste xeito a boliña de papel non é expulsada por ningunha forza de aire e consigue entrar na botella.

Deste xeito comprobamos que  botella non está baleira, senón chea de aire.
 

sábado, 14 de febrero de 2015

O ENTROIDO DE RAMIRÁS

Como ben sabedes, a nosa mascota, o Rato, é o encargado de dar as ordes para a semana de Entroido. Este ano tocaba vir de cociñeiros e entre gorros, mandiles e demais utensilios de cociña o colexio convertiuse, por unha semana, nunha escola de grandes chefs.
Pola semana, dende a Biblioteca, traballamos, para coñecer un pouco máis os Entroidos galegos de máis sona como o de Laza, Verín, Xinzo ....... e as súas máscaras.
O venres, xa disfrazados, disfrutamos dunha especial festa de Entroido con piñatas para os máis pequenos e o xogo das olas, imitando ao domingo oleiro de Xinzo de Limia, para os maiores.
Pasámolo así de ben!!

viernes, 6 de febrero de 2015

AS ORDES DO RATO PARA O ENTROIDO

Un ano máis o Rato é o encargado de dar as ordes para este Entroido.
Cada día debedes de traer posto unha parte do traxe de cociñeiro para convertirnos en auténticos chefs!!
A buscar na cociña, a ver que atopades!! Xa sabedes que no Entroido todo vale!!