Onte foi o Día da Árbore e da Poesía e hoxe o Día da Auga, deste modo, estes días recordamos a importancia das árbores e da auga nos nosos bosques, na nosa contorna e nas nosas vidas. Nestes días achegámonos a estas fontes de aire puro tan necesarias para humanidade lendo o libro que nos proporcionou a Deputación de Ourense que leva por título " A invención do Salgueiro en Ourensanía" e traballando desde as aulas a concienciación e importancia do coidado da natureza, dos nosos bosques, das árbores tan importantes para a humanidade e o bo uso da auga no noso planeta.
Hoxe prantamos un salgueiro e un castiñeiro no patio do cole e aproveitamos a fantástica tarde de primavera para facer un apadriñamento lector onde os máis maiores lle leron poemas aos máis pequenos.
Así pasamos a xornada.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
Os alumnos de 1º e 2º decoraron un pequeno poema para facer honra ás árbores. Así lle quedaron
jueves, 22 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN
Este trimestre seguimos montados nun balón, investigando e traballando na búsqueda de información dos países seleccionados dos seguintes mundais de fútbol que nesta ocasión foron: Estados Unidos 1994, Francia 1998 e Corea - Xapón 2002
Como no anterior trimestre cada clase de primaria seleccionou a información, decorou un mural con imaxes e datos característicos que loce nos corredores do colexio e desta volta preparamos unha presentación de power point para acompañar á exposición de cada país que tivo lugar hoxe na nosa biblio. Os alumnos de infantil pintaron e decoraron as mascotas dos tres mundiais
Así de bonitos locen os nosos murais e así expuxemos a presentación na nosa biblio.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
Podedes botarlle unha ollada á información recompilada de cada país:

jueves, 8 de marzo de 2018
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
Hoxe 8 de marzo, conmemoramos o día da muller. Nesta ocasión un equipo da Cruz Vermella de Celanova acudiu ao centro para falarnos do día da muller baixo o lema " Feminismo, mi superpoder", defendendo a igualdade e o recoñecemento da muller en tódolos ámbitos.
No día de hoxe lembrámonos de todas as mulleres e felicitámolas polo seu día a día, polos seus "superpoderes", polo seu labor desempeñado e pola súa loita constante por un mundo mellor en igualdade 100%.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)