O Rato está moi contento de ter
na súa biblioteca un novo libro formado polos poemas de Samaín escritos polo
alumnado e as súas familias.
O Rato está moi contento de ter
na súa biblioteca un novo libro formado polos poemas de Samaín escritos polo
alumnado e as súas familias.
O alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de primaria, acudiu o pasado xoves 24 a campo a través en Muiños.
Mentres que o alumnado de infantil e 1º de primaria, fixeron unha saída pola contorna próxima ao centro. No parque, ademais de merendar e xogar, lemos o conto "O señor mago e a folla".
O venres día 4 de outubro, o alumnado foi quen de desfrutar da apertura da Biblioteca do Rato. Para dar a benvida a este novo ano de lectura, os nenos e nenas tiveron que buscar polo patio as entradas para poder acceder a biblio e así poder desfrutar do conto "Carabuñas". Ao finalizar do contacontos, o alumnado de 5º de Educación Primaria, explicou o funcionamento do préstamo de libros ao novo alumnado e aos máis pequenos/as.
FervenzAventura foi o destino da nosa excursión de fin de curso. Pasamos un día estupendo rodeados de natureza e facendo actividades moi divertidas como: buscar pegadas de animais por un carreiro, facer pan, visitar as hortas e ata plantar leitugas. E despois de todo isto aínda nos quedou tempo para a aventura con: escalada, tirolina, tiro con arco, etc.
Este 17 de maio homenaxeamos a poeta Luísa Villalta e polo tanto a toda esa xeración de autores e autoras que comezan a expresarse na década dos anos 90 do século pasado e nos primeiros anos do século actual.
Luísa Villalta foi unha activista
moi comprometida con Galicia, por iso quixemos celebrar este día facendo un
chaveiro na impresora 3D co mapa de Galicia e coa mascota da nosa Biblioteca,
pois a Luísa gustábanlle tanto os libros como ao noso Rato. Ademais, tamén puidemos
ler libros sobre ela e facer un Genially que nos axudou a comprender todo o que
Luísa loitou por defender a lingua galega.
O 23 de abril visitáronnos os
Bombeiros dá Mancomunidade Terra de Celanova. Aprendemos unha chea de cousas
con eles sobre educación viaria e emerxencias. Ademais, subíronnos ao coche de
bombeiros e ensináronnos moitos dos seus elementos: mangueiras, bomba de auga,
escaleiras, luces etc. Encantounos a súa visita.
Chegou a época de cultivar para poder recoller os froitos antes de terminar este curso escolar. Preparamos a terra e aprendemos unhas nocións básicas de agricultura. Agora xa sabemos como plantar cenorias, tomates, amorodos, leitugas, perexil...
Trataremos de coidar ben a nosa
colleita para que todo salga ben. Tratamos de localizar a nosa horta orientada
ao sur e nun lugar onde lle de moito a luz, esperamos que as choivas e as
temperaturas sexan favorables.
Oxalá vos ensinemos pronto a nosa
colleita.
Hai uns días visitounos Lito e con el gozamos dunha
experiencia de promoción da cultura galega mediante a práctica de xogos
tradicionais.
Pasamos un intre moi agradable e saímos da rutina xogando aos xogos cos que se divertían os nosos avós e os nosos pais durante a súa infancia.
O alumnado de Infantil desprazouse ata o Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Pingüín. Este peza teatral abordaba a situación á que se enfronta un neno/a cando vai ter un irmán. O ter que compartir a atención e o agarimo da súa familia acaba sendo algo positivo, pois acaba gañando unha amizade para toda a vida.
Como sabedes este curso escolar estamos a traballar a meteoroloxía grazas ao Plan Proxecta MeteoEscolas.
Hai un tempo fixemos unha exposición de fotografías sobre o
tempo e o clima que nos enviaron as familias e aquí vos deixamos un vídeo para
ver que bonitas son.
Onte, tivemos no centro unha sesión de Cantacontos de mans da compañía Teatro Migallas. Que intre máis divertido pasamos con María a dos contos e co señor Do-re-mi.
Por aquí vos deixamos un par de fotos.
Desde a Biblioteca do Rato quixemos celebrar a semana do libro. Empezamos realizando unha cita a cegas cun conto que resultou ser un éxito, igual que o préstamo especial que fixemos onde nenos e nenas se implicaron moito en escoller un libro que lle gustase ao seu amigo/a invisible.
Os de Infantil tiveron unha
sesión de contacontos por parte do alumnado máis maior e os nenos e nenas de 4º
e 6º realizaron un scape room na biblioteca do que saíron vitoriosos.
O 24 de abril visitounos a Garda Civil para darnos unha clase de Educación Viaria, aprendemos moitas cousas e ademais deixáronnos probar o seu coche e a súa moto.
O venres 12 de abril, o noso colexio recibiu a un gran número de centros para disputar un torneo comarcal de bádminton. Foi unha xornada divertida onde un gran número de xogadores e xogadoras gozaron deste deporte. Ademais, o noso colexio conseguiu unha medalla de bronce para a alumna Mira Rios Alonso de 3º de Primaria.
Hai uns días xogamos un
torneo de fútbol sala en Celanova. Pasamos un intre moi agradable xogando e
vendo xogar aos outros equipos.
O pasado 12 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou o pobo-escola de Lodoselo.
Empezamos a mañá amasando o pan, e
mentres fermentaba cambiamos de prado a un grupo de ovellas e démoslles de
comer. Tamén puidemos dar un paseo en carro e coñecer ao único burro que queda
na aldea. Unha vez que o pan fermentou, metémolo no forno para que estivese
listo para a hora de irnos. Visitamos un xardín sensorial e estivemos en
contacto cos señores e señoras do Centro de Día.
Para terminar o día faláronnos da
importancia de coidar os nosos bosques e puidemos levarnos a casa un carballo
para plantar, ademais do bolo de pan que fixemos.
Pasámolo xenial e ademáis viñemos
coas mans cheas.
O pasado venres visitáronnos dous axentes forestais. Aprendemos unha chea de cousas con eles e responderon a todas as nosas dúbidas, foron moi agradables. Ademais, para terminar plantamos no patio do colexio dous castiñeiros. Temos moitas ganas de velos medrar.
O último día os nenos e nenas de Infantil fixeron unha procura de oviños de chocolate polas zonas verdes do noso recinto escolar. Pasárono xenial e nós tamén porque compartiron cos profes e co alumnado de Primaria todo o que atoparon.
Este ano, no cole, dedicámoslle o Día da Muller a todas as avoas. Quixemos conmemorar mediante a figura das avoas a todas as mulleres que loitaron pola igualdade de xénero e así agradecerlles todo o que fixeron por nós.
Tamén, mediante un teatro de
monicreques contamos a historia de DANIELA PIRATA. Unha historia dedicada a
todas as nenas do mundo, para que nunca ninguén lles diga o que poden ou non
facer.
Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria,
acudiu ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Hugo. Unha peza
teatral que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferente.
Grazas ao alumnado do centro e ás súas familias temos un novo libro na nosa Biblioteca. Un libro cheo de refráns que nos enche de sabedoría popular sobre o tempo e o clima.
Pulsando nesta imaxe podédeslle
botar unha ollada.
Para iso, visibilizamos mulleres
referentes neste ámbito como foron Marie Curie e Valentina Tereshkova. Tamén
realizamos un reto onde cada grupo loitaba por construír unha estrutura de espaguetes
o máis alta posible. Pasámolo xenial e seguro que pronto repetiremos a
experiencia. Ademais, o alumnado de 4º e 6º de Primaria, puxo en práctica unha
das actividades que nos propuxo o CFR de Ourense desde Polos Creativos.
Para terminar o día cada clase
expuxo na Biblioteca o experimento que preparara previamente na súa aula. Foi
fantástico e o alumnado de infantil deixounos moi sorprendidos co que nos
contaron.
Podedes ver máis fotografías pulsando aquí.
Os cantares foron
recitados diante do mural que lle dedicamos. Un mural que simboliza o seu nome
e que nos lembra o compromiso que a autora tiña por revalorizar a cultura
popular de Galicia e do seu idioma.
O 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz, baixo o lema “Solta para poder voar”. Mediante un globo aerostático, creado con deseños de todo o alumnado, quixemos representar que para voar alto debemos despexar a nosa cesta daquelas cousas que non nos deixan avanzar e centrarnos nas que nos axuden na viaxe. Os nenos e nenas quixeron deixar atrás os conflitos e elixiron ir acompañados de: felicidade, amizade, amor, respecto, unión e bondade.
Pero non volo perdades, tamén
tivemos tempo para o baile e a lectura. Aquí vos deixamos unhas fotos que
mostran o ben que o pasamos.
Aquí vos deixamos unhas pinceladas da nosa celebración de Entroido. Xa esperamos con ganas que chegue o seguinte.
Empeza unha semana chea de
diversión. Deixámosvos por aquí as ordes
do Meco para esta semana. Lembrade que o venres é libre, podemos disfrazarnos
do que queiramos.
O alumnado de 4º e 6º desprazouse ata o auditorio de Ourense para ver a obra de teatro HELP. Unha representación que nos fixo ser conscientes do problema da deforestación. Zonia, así se chamaba a protagonista da historia, loitou contra esta problemática e fíxonos ver que a natureza lle proporciona medicinas, alimento e fogar a moitos animais.
O venres 1 de decembro aprendemos moito sobre
unha forma de arquitectura rural moi característica da paisaxe galega.
Hórreo, cabaceiro, canizo, sequeiro, cacipo
ou canastro (que é como na nosa zona se lle coñece) son algúns dos nomes que
recibe esta construción dependendo da zona de Galicia.
Pasamos un rato moi agradable falando cun experto do tema.
Os Bolechas visitaron Ramirás e invitáronnos a súa actuación de maxia. Co show de Loli pasamos un intre moi divertido, aínda que algún dos nosos nenos case desaparece cos seus trucos de maxia. Pero tamén aprendemos que non debemos deixar de tentar aquilo co que soñamos.