O pasado 12 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou o pobo-escola de Lodoselo.
Empezamos a mañá amasando o pan, e
mentres fermentaba cambiamos de prado a un grupo de ovellas e démoslles de
comer. Tamén puidemos dar un paseo en carro e coñecer ao único burro que queda
na aldea. Unha vez que o pan fermentou, metémolo no forno para que estivese
listo para a hora de irnos. Visitamos un xardín sensorial e estivemos en
contacto cos señores e señoras do Centro de Día.
Para terminar o día faláronnos da
importancia de coidar os nosos bosques e puidemos levarnos a casa un carballo
para plantar, ademais do bolo de pan que fixemos.
Pasámolo xenial e ademáis viñemos
coas mans cheas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario