Hoxe foi un deses días nos que a todos nos gustaría regresar a nosa infancia e volver a ser neno para vivir esas vivencias e sentimentos que soamente eles son capaces de sentir, aínda que tamén temos que recoñecer que hoxe, os profes, volvemos a nosa infancia e disfrutamos tanto coma os nosos alumnos.
Foi un día terrorificamente incrible, sentimentos de medo mesturados con risas, algunha que outra bágoa e felicidade, moitísima felicidade.
Dende o día 1 de outubro, as nosas cabeciñas non pensaron noutra cousa que non fose o Samaín, alumnos e mestres traballamos cóbado, a cóbado para decorar o cole, para encher o túnel da bruxa de pasaxes arrepiantes, para coñecer e investigar a orixe desta festa e mesmo fixemos un libro de acrósticos de Samaín e deseñamos grazas a nosa cociñeira, Alicia, un riquísimo menú especial para este día.
Hoxe compartimos todas estas experiencias cos nosos, xa amigos, os alumnos e mestres do Ceip San Marcos de Cartelle que por terceiro ano consecutivo, nos visitaron neste día tan especial e pasárono de medo connosco.
Rematou o día e xa estamos a argallar novas ideas para o vindeiro Samaín!
Espero vos gusten as imaxes.