viernes, 30 de marzo de 2012
ÁRBORES, POEMAS E TEATRO
Na Biblioteca do Rato despedimos o trimestre celebrando tres datas importantes nos últimos días: día da árbore, día da poesía e día do teatro. Entre as actividades para celebrar o día da ábore estaba prevista unha saída para plantar árbores, pero por causas alleas ao cole pospúxose para abril. En canto se celebre colgaremos as fotos. No seu lugar vimos a película "El Bosque Animado" e un documental sobre árbores singulares e monumentais.
http://www.youtube.com/watch?v=BQQyHrE8u30
Os alumnos/as do segundo grupo de primaria puxeron en escena para todos nós a obra titulada "A eclipse de sol". Os máis peques riron un pouco e foi a nosa maneira de celebrar o día do teatro.
http://www.youtube.com/watch?v=JDV8q1YSf0M&context=C48e6fe7ADvjVQa1PpcFM7MgIfslzkBCtRJpP1RxQiX7djox67SnA==
Celebramos o día da Poesía cun recitado de poemas. Tódolos nenos e nenas, dende infantil a 6º de primaria, aprenderon de memoria uns poemas e despois recitáronos para os seus compañeiros. E para rematar tivemos unha conta contos moi especial: a nosa Teacher, que nos deleitou a todos cun conto moi poético: O MAGO GOMA.
lunes, 26 de marzo de 2012
O sabor da aventura está no mar
Hoxe dous simpáticos actores contáronnos dunha forma moi divertida as propiedades do peixe. Así uns dannos enerxía, outros son bos para a intelixencia... e todos eles son moi, pero que moi saúdables. E eso porque o noso cole participa na campaña da Xunta "O sabor da aventura está no mar".
O sabor da aventura está no mar on PhotoPeach
lunes, 19 de marzo de 2012
FELICIDADES PAPÁ
Dende a biblioteca tamén conmemoramos o día do pai. Este ano cada clase fixo uns pequenos agasallos: os de Infantil uns chaveiros os de 1º grupo un marco de fotos e os de 2º grupo unhas caixiñas en forma de camisa con corbata. Estes agasallos van acompañados dunha felicitación escrita por eles mesmos. Dende aquí felicitamos a todos os papás e desexamos que pasedes moi bo día!!
Tarjeta created with Smilebox |
viernes, 16 de marzo de 2012
Semana da prensa
Celebramos a semana da prensa cunha exposición de diferentes xornais.Os alumnos participaron traendo tamén diferentes exemplares. Houbo lectura e comentario das noticias que máis lles chamaron a atención aos nenos e aproveitouse para ver as distintas seccións dun xornal: portada, internacional, nacional, local, sociedade, cultura, carteleira, anuncios breves,deportes, economía, bolsa, pasatempos...Os alumnos/as do segundo grupo de primaria estudiaron tamén as partes dunha noticia: titular, antetitular, subtitular, entradiña,corpo da noticia, así como que unha noticia debe responder ás preguntas: que, quen, donde, cando, como, etc. Finalmente redactaron as súas propias noticias.
jueves, 15 de marzo de 2012
A MASCOTA DA BIBLIOTECA
A mascota da Biblio está más viva ca nunca animando a ler a todos os nenos e a vivir novas aventuras xuntos.
Customize a photo collage |
miércoles, 7 de marzo de 2012
COMICS
Os alumnos de 3º de Educación Primaria realizaron uns comics. Esperamos que vos gusten.
COMICS on PhotoPeach
COMICS on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)