viernes, 28 de marzo de 2008

Dia da Poesía e da Árbore

Hoxe, no día da poesía e da árbore os nen@s do noso cole, despois de plantar unha árbore no patio do cole, compuxeron poesías... a maior parte delas, dedicadas ás árbores.

Unha pequena mostra da calidade poética do noso centro é:









Estas composicións son representativas de cada un dos ciclos, dende educación infantil ata sexto de primaria.

Esperamos que vos gusten!!

miércoles, 5 de marzo de 2008

Visita de Anxo Fariña


Antía e Andrea de 6º viron así a visita de Anxo Fariña ó noso colegio:

"Onte visitounos Anxo Fariña que cos seus debuxos impresionou a todolos nenos/as do colexio, dende os máis pequenos ata os máis grandes.

O que máis lles gustou ós peques foron os "pelelliños" uns personaxes máxicos, creados por A. Fariña.

Falounos dos seus libros, entre eles de:

O ladrón de palabras, neste conto as palabras vólvense físicas e descubrimos que teñen moita forza e que con elas pódese facer ben ou mal, depende da elección da xente.

O libro que máis nos gustou ós maiores foi: Os megatoxos e o aprendiz de druida.

Despois de falar dos libros ensinounos a debuxar personaxes. Fixonos dous exemplos con dous nenos do cole. Quedaron moi ben.
¡ Esperamos que nos visite outro día!



o