Como ben sabedes, a nosa mascota, o Rato, é o encargado de dar as ordes para a semana de Entroido. Este ano tocaba vir de cociñeiros e entre gorros, mandiles e demais utensilios de cociña o colexio convertiuse, por unha semana, nunha escola de grandes chefs.
Pola semana, dende a Biblioteca, traballamos, para coñecer un pouco máis os Entroidos galegos de máis sona como o de Laza, Verín, Xinzo ....... e as súas máscaras.
O venres, xa disfrazados, disfrutamos dunha especial festa de Entroido con piñatas para os máis pequenos e o xogo das olas, imitando ao domingo oleiro de Xinzo de Limia, para os maiores.
Pasámolo así de ben!!
1 comentario:
Enhoraboa, cada día vexo todo o que traballades tendo ta poucos rapaces, encantame o voso blog
Publicar un comentario