martes, 12 de noviembre de 2024

MAGOSTO 2024

O venres 8, todo o alumnado do cole gozou da festa do Magosto. Fixemos xogos populares, escoitamos música tradicional galega e comemos as castañas, estaban boísimas!







jueves, 7 de noviembre de 2024

CULTURALÍZATE EN GALICIA

 Cruceiros e petos de ánimas por Don Arturo.





 

miércoles, 30 de octubre de 2024

POEMAS DE SAMAÍN

 O Rato está moi contento de ter na súa biblioteca un novo libro formado polos poemas de Samaín escritos polo alumnado e as súas familias.

Picando na seguinte imaxe podedes gozar de todos eles.
 

 

CAMPO A TRAVÉS

 O alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de primaria, acudiu o pasado xoves 24 a campo a través en Muiños.


 

Mentres que o alumnado de infantil e 1º de primaria, fixeron unha saída pola contorna próxima ao centro. No parque, ademais de merendar e xogar, lemos o conto "O señor mago e a folla". 







martes, 8 de octubre de 2024

APERTURA DA BIBLIO 2024-2025

O venres día 4 de outubro, o alumnado foi quen de desfrutar da apertura da Biblioteca do Rato. Para dar a benvida a este novo ano de lectura, os nenos e nenas tiveron que buscar polo patio as entradas para poder acceder a biblio e así poder desfrutar do conto "Carabuñas". Ao finalizar do contacontos, o alumnado de 5º de Educación Primaria, explicou o funcionamento do préstamo de libros ao novo alumnado e aos máis pequenos/as.




domingo, 9 de junio de 2024

FERVENZAVENTURA

 FervenzAventura foi o destino da nosa excursión de fin de curso. Pasamos un día estupendo rodeados de natureza e facendo actividades moi divertidas como: buscar pegadas de animais por un carreiro, facer pan, visitar as hortas e ata plantar leitugas. E despois de todo isto aínda nos quedou tempo para a aventura con: escalada, tirolina, tiro con arco, etc.



viernes, 24 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS

Este 17 de maio homenaxeamos a poeta Luísa Villalta e polo tanto a toda esa xeración de autores e autoras que comezan a expresarse na década dos anos 90 do século pasado e nos primeiros anos do século actual.

Luísa Villalta foi unha activista moi comprometida con Galicia, por iso quixemos celebrar este día facendo un chaveiro na impresora 3D co mapa de Galicia e coa mascota da nosa Biblioteca, pois a Luísa gustábanlle tanto os libros como ao noso Rato. Ademais, tamén puidemos ler libros sobre ela e facer un Genially que nos axudou a comprender todo o que Luísa loitou por defender a lingua galega.



VISITA DOS BOMBEIROS

O 23 de abril visitáronnos os Bombeiros dá Mancomunidade Terra de Celanova. Aprendemos unha chea de cousas con eles sobre educación viaria e emerxencias. Ademais, subíronnos ao coche de bombeiros e ensináronnos moitos dos seus elementos: mangueiras, bomba de auga, escaleiras, luces etc. Encantounos a súa visita.




A NOSA HORTA

 Chegou a época de cultivar para poder recoller os froitos antes de terminar este curso escolar. Preparamos a terra e aprendemos unhas nocións básicas de agricultura. Agora xa sabemos como plantar cenorias, tomates, amorodos, leitugas, perexil...

Trataremos de coidar ben a nosa colleita para que todo salga ben. Tratamos de localizar a nosa horta orientada ao sur e nun lugar onde lle de moito a luz, esperamos que as choivas e as temperaturas sexan favorables.

Oxalá vos ensinemos pronto a nosa colleita.