jueves, 26 de marzo de 2015

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Do 23 ao 27 de marzo celebramos a semana da árbore e da auga.
Foron varias as activiades que levamos a cabo.
- Lectura do libro "A palabra máxica",  proposto pola Deputación de Ourense.
- O día 23 ás 12:00, como en moitos colexios da provincia ourensá, plantamos un acivro que lle puxemos por nome Tuño, como o río que pasa pola nosa localidade.
- O xoves 26, un equipo de axentes de medioambiente acudiron ao colexio a darnos unha charla sobre incendios forestais, extinción e prevención e plantamos dúas cerdeiras no patio do colexio.

MÁIS EXPERIMENTOS

Dende a Biblioteca do Rato seguimos animando a profes, alumnos, papás e mamás a participar na Expociencia de abril.
Nesta páxina podedes atopar experimentos detallados con videos de execución para que vos sexa máis doada a práctica.

http://lacienciaencasa.webnode.es/experimentos-quimicos/tension-superficial-del-agua/

lunes, 23 de marzo de 2015

COCIÑA COA CIENCIA

Quen se atreve a cociñar coa ciencia na nosa Expocicencia Ramirás que terá lugar no mes de abril?
Neste libriño podedes atopar curiosidades moi interesantes.



lunes, 16 de marzo de 2015

GRAVAMOS PARA O XORNAL ESCOLAR

A semana pasada vivimos unha experiencia única! Un equipo de Telemiño veu gravar ó cole e os alumnos fixeron de reporteiros, sendo eles mesmos os que presentaron o cole.
O venres asistimos ao plató e gravamos para o programa "xornal escolar". En canto saibamos a data de emisión farémolo saber para que nos vexades.
Dende o Ceip Rogelio García Yáñez, e especial dende A Biblioteca do Rato agradecemos a todo o equipo de Telemiño por brindarnos a oportunidade de coñecer o mundo da tele e vivir unha nova experiencia para nós.









viernes, 6 de marzo de 2015

Hábitos saudables

     Os alumnos de infantil estiveron a traballar nas últimas semanas sobre alimentación sana e equilibrada e vida activa, seguindo un programa desenvolvido pola obra social "La Caixa". Dito programa toma como punto de partida a necesidade de coñecer e coidar o noso corpo, saber como funcionan os nosos sentidos e emocións. Unha boa dieta e facer exercicio axudan a conseguir un maior benestar emocional e físico e a previr enfermidades.




                                                  
                                                                             

jueves, 5 de marzo de 2015

EXPOCIENCIA RAMIRÁS

Dende a Biblioteca do Rato estamos a organizar unha EXPOCIENCIA que terá lugar no mes de abril.
Animamos a toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnos, antigos mestres e todos aqueles que estean a ler esta notificación,e o desexen,  a expoñer un sinxelo experimento, práctica científica ou algunha curiosidade realacionada coa ciencia.
Todos aqueles interesados, podedes chamar ao colexio para máis información e para concertar día de exposición.
Animádevos a facer da nosa biblioteca un pequeno laboratorio, para que todo o alumnado poida gozar dunha xornada de convivencia e ao mesmo tempo estudar a ciencia dende outro punto de vista.