Se hai unha festa por execelencia no Ceip Rogelio García Yáñez, esa é o Samaín. Dende hai uns anos vímolo festexando como se merece e este ano non podía ser menos. Coa chegada do mes de outubro comezamos a encher o colexio de pantasmas, esqueletes, bruxas e este ano unha araña xigante instalouse na nosa entrada xunto coa súa familia. Como non, tampouco faltan as cabazas que as temos do máis orixianais!!
No día de hoxe todos acudimos ao cole disfrazados. Había góticas, homes lobos, vampiros, zombis, bruxas e ata novias cadaver. QUE MEDO!!!
Pasamos unha xornada do máis divertida e compartímola un ano máis cos nosos, xa ,super amigos, os alumnos e profes do Ceip San Marcos de Cartelle. No día de hoxe, houbo obradoiros e xogos de Samaín e un ano máis pasámolo de medo no Túnel da Bruxa. Alí dentro había ogros, esqueletes, pantasmas e quen sabe que outros seres se agochaban entre aquelas paredes das que saía moito fume.
A hora de xantar degustamos un menú moi terrorífico e rematamos a xornada cun recitado de poemas mentres preparabamos a nosa particular apócema, que finalmente degustamos.
Un ano máis vivimos un SAMAÍN inolvidable e xa estamos desexando que chegue o próximo.
Para que quede constancia, deixámosvos o seguinte enlace.