O mes de outubro xa está aquí e que mellor xeito que irnos preparando para a gran festa do Samaín que cunhas lecturas de medo.
Tendes a vosa disposición na zona de exposicións unha selección de aventuras arrepiantes para pasar un outubro do máis terrorífico. Quen se anima?
viernes, 30 de septiembre de 2016
O PROXECTO DA NOSA BIBLIO NO XORNAL
O pasado mércores o noso proxecto da biblio saiu no suplemento Xornal Escolar da Región.
Aquí podedes botarlle unha ollada.
Aquí podedes botarlle unha ollada.
jueves, 22 de septiembre de 2016
MARCALIBROS
Xa temos listos o nosos marcalibros para que ningún libro da nosa biblio estea perdido.
Cada vez que levemos un libriño a casa deixaremos o marcalibros colocado no estante, xusto no lugar do libro, e así non nos esqueceremos do lugar no que estaba.
Así de chulos nos quedaron!!
Cada vez que levemos un libriño a casa deixaremos o marcalibros colocado no estante, xusto no lugar do libro, e así non nos esqueceremos do lugar no que estaba.
Así de chulos nos quedaron!!
lunes, 12 de septiembre de 2016
BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO
Empezamos con forza e con moitas ganas de iniciar o novo proxecto que leva por título: "A pintura e escultura como fomento da creatividade". Este proxecto é continuidade do que iniciamos o ano pasado "A pintura como linguaxe da luz e das cores" onde estudamos fundamentalmente pintores universais e reproducimos as súas correntes nos cadros que decoran a Galería de Arte Rogelio García Yáñez. Desta volta centrarémonos en pintores galegos e iniciarémonos na escultura.
Dende a Biblioteca do Rato damos unha benvida especial aos novos alumnos/as que se incorporan ao centro así como a todos os alumnos/as e a toda a comunidade educativa que forman esta gran familia.
Desexámosvos un feliz inicio de curso!!
A que esperas; búscanos en facebook!! A Biblioteca do Rato.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)