No día de onte festexamos o Nadal, como ben se merecía, co gran Festival
 de Nadal. Os alumn@s representaron con moita ilusión as obras de 
teatro, panxoliñas e bailes que prepararon con moito esforzo. 
Con 
estas cariñas de felicidades do gran día de onte dende A biblioteca do 
Rato e dende o Ceip Rogelio García Yáñez desexámosvos unhas estupendas 
vacacións, un Feliz Nadal e un 2019 cheo de grandes momentos.














