miércoles, 24 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado venres 12 de novembro celebramos unha das festas que máis nos gustan: O MAGOSTO! Gozamos dun marabilloso día que nos permitiu facer unha fogueira para asar as castañas e saltar para purificar a nosa "alma". Comemos empanada, chourizos e tamén degustamos un riquísimo chocolate e bica. Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo e como manda a tradición, pintámonos coa cinsa. Mirade que ben o pasamos!



domingo, 7 de noviembre de 2021

AS CASAS ENCANTADAS

Este ano dende a biblioteca do rato, pediuse aos rapaces e rapazas que crearan casas encantadas. O resultado é un libro que podedes atopar na biblioteca e que tamén podedes ver pinchando na seguinte imaxe. Proba e verás canta creatividade.

lunes, 1 de noviembre de 2021

O samaín

No cole celebramos o samaín e pasamolo moi ben! disfraces do máis terroríficos, talleres, o túnel da bruxa, un xantar de medo....

lunes, 25 de octubre de 2021

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Coincidindo co día internacional das bibliotecas, dende a biblioteca do rato, quen nos acompañará nas novas aventuras deste curso, queremos presentarvos o proxecto que imos levar a cabo.

lunes, 31 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

A semana previa a celebración das letras galegas dedicámonos a informarnos sobre a vida e obra de Xela AriasCada grupo realizou unha serie de actividades impresas e outras en liña que atopamos na páxina do Seminario Galán. 

Para conmemorar o Día Das Letras Galegas realizamos unhas bandeiras de Galicia, decoradas ao seu gusto e con unhas verbas escritas do libro “Darío a Diario”. 









DÍA DO LIBRO

O pasado mes de abril celebramos o día do libro.

Para conmemoralo, propuxemos que cada neno fixera unha recomendación do seu libro favorito. Para iso elaboraron unhas portadas dos seus libros, e durante esa semana, as mostraron no momento lector contando un pequeno resumo e o porqué de que lle guste tanto.

 Con todas as portadas fixemos un libro que estará exposto na biblioteca para préstamo. Tamén o deixamos por aquí. 

Mirade que portadas máis chulas!




domingo, 14 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O  8 de marzo conmemora o día internacional da muller e, para celebralo, os nenos e nenas do cole quixeron dedicarlle uns corazóns e unhas bonitas palabras as mulleres máis importantes da súa vida.

Aquí tedes unhas fotiños do gran traballo que fixeron.

FELIZ DÍA A TODAS!!




domingo, 14 de febrero de 2021

VIVA O ENTROIDO!!

O pasado venres 12 de febreiro, gozamos dunha bonita festa de entroido. Acudimos ao cole disfrazados daqueles personaxes que máis nos gustan.

Pola mañá decoramos as olas e fixemos un taller de máscaras. 

Á hora do xantar, degustamos un fabuloso menú de entroido composto polo  tradicional cocido e unhas riquísimas orellas. 

Pola tarde non faltou o xogo das olas e moito baile.

Así de ben o pasamos!!





lunes, 8 de febrero de 2021

ENTROIDO

Aquí vos deixamos os mandatos deste ENTROIDO no que nos converteremos en científicos tolos!! 

 



O venres, cada alumno/a poderá vir ao colexio disfrazado co disfrace que máis lle guste, e desfrutaremos desta festa que tanto nos gusta.

Recordade que no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!




domingo, 7 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

O pasado venres, 29 de xaneiro, festexamos o día da PAZ. Durante esa semana preparamos varias actividades nas que se traballaron valores relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA:

- Os/as alumnos/as de EI estiveron buscando unha vacina para achegarnos a paz no mundo. O diálogo, a paciencia, o sorriso, o agarimo, o respecto, a amizade ou o amor, funcionan como unha vacina de gran eficacia contra a violencia. 


- Os/as alumnos/as de EP, elaboraron mensaxes pola paz nunha botella. 




- Todos os nenos e nenas do cole pintaron mandalas de paz, coas que elaboramos este mural tan fermoso.


- Juan, o mestre de música, preparou cos nenos/as dúas cancións que cantamos o día da celebración:

                     - Recital á paz, de Horacio Guarany.

                        



                            - O canciño agarimoso, creada por el.  




       Bicos de rato!!🐭💗

lunes, 4 de enero de 2021

NADAL

A poucas horas de que os Reis Magos visiten as nosas casas, deixámosvos unhas fotos da video- chamada que nos fixeron as maxestades o 21 de decembro. 



FELIZ NOITE DE REIS MAGOS!