Hoxe venres festexamos o magosto e nesta xornada non faltaron os xa coñecidos xogos tradicionais como o encesta castañas, os carozos de millo e o paracaídas, unha boa fogueira, os chourizos á grella con pan, hoxe moi nomeados como "chouripan", chocolate con churros e como non, as protagonistas da festa, que foron sen dúbida as castañas.
Así de ben o pasamos e con estas cariñas negras como tizóns rematamos!!
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
viernes, 10 de noviembre de 2017
miércoles, 1 de noviembre de 2017
TÚNEL DO TERROR
O noso Túnel do Terror nos informativos de Telemiño!! Unha pequena reportaxe para que vexades un avance.
martes, 31 de octubre de 2017
UN GRAN SAMAÍN
Hoxe martes 31 de outubro festexamos a gran festa de Samaín como ben se merece.
Como cada ano todos acudimos ao cole disfrazados para a ocasión e o cole quedou cheiño de; bruxiñas, vampiros, zombis e demais seres do máis terroríficos.
Á primeira hora da mañá gozamos vendo unha peli de terror e despois do recreo comezou a aventura: obradoiros artísticos de samaín onde fixemos arañas e pantasmas con chupas e piruletas e un bolso en forma de araña para gardar as lambetadas de Samaín.
Tamén o pasamos xenial na sección de xogos terroríficos mentres esperabamos a nosa quenda para ir ao ansiado túnel da bruxa.
Este ano o túnel contou con algunha que outra novidade coma un arrepiante cemiterio cheo de espíritos vagando polas súas almas. Os máis valentes quedaron tan encantados que repetiron!!
Para repoñer forzas degustamos un menú terrorífico á base de crema de cabaza da misteriosa horta de Frankestein, ollos sanguentos na súa tinta, dedos mortíferos e tarta de nido de sucios vermes.
Este Samaín foi especial porque un equipo de reporteiros de telemiño acudiu ao cole para filmar toda a nosa festa así como as nosas caras cheas de emocións que quedarán reflectidas na reportaxe que se emitirá na súa canle.
Hoxe foi un gran día onde a convivencia e as emocións foron a nosa mellor aprendizaxe e o medo sen dúbida o gran protagonista.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
viernes, 27 de octubre de 2017
O SAMAÍN COMEZA EN 3, 2, 1 ....
Se hai unha festa por excelencia no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás é o Samaín e dende a biblioteca parten todas as actividades e esta non ía a ser menos.
O mes de outubro comeza sempre ben cargadiño de traballo: exposición de lecturas de medo, elaboración de carteis e conxuros de Samaín así como de todo o decorado do cole que loce terrorífico de arriba a abaixo.
Non nos podemos esquecer do gran día que será o vindeiro martes 31 de outubro. Para vivir unha experiencia única lémbrate de traer a túa cabaciña o luns 30 e vir disfrazado e maquillado o martes 31 para disfrutar dos obradoiros e xogos de Samaín e pasalo de medo do Túnel do Terror.
jueves, 26 de octubre de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e hoxe xoves festexámolo coa visita do contacontos Iago López.
Así o festexamos e así de ben o pasamos.
PARABÉNS Á BIBLIOTECA DO RATO!!
Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
Así o festexamos e así de ben o pasamos.
PARABÉNS Á BIBLIOTECA DO RATO!!
Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
CONXUROS DE SAMAÍN
Neste Samaín tocou elaborar conxuros e resultaron uns arrepiantes feitizos cos que non quedará ningunha bruxa nin mal espírito na nosa biblioteca.
Velaí vai unha de conxuros!!
Velaí vai unha de conxuros!!
domingo, 22 de octubre de 2017
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O vindeiro martes 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e festexarémolo coa visita do contacontos Iago López, autor do libro, "O cociñeiro Martiño"
viernes, 20 de octubre de 2017
O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ
Un ano máis coa chegada do mes de outubro comezan os preparativos para a gran festa do Samaín.
Dende a clase de plástica preparamos os elementos decorativos que xa comezan a dar cor ao noso cole e dende a clase de lingua galega estamos a argallar uns arrepiantes conxuros para espantar bruxas, vampiros e demáis espíritos.
O noso rato Roger e o esqueleto Rober xa están preparados para a ocasión. así que comeza a deseñar o teu disfraz e a túa cabaza para gozar desta gran festa.
lunes, 9 de octubre de 2017
OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO
Como cada mes de outubro, coincidindo co mes de celebración do Samaín a Biblioteca do Rato pon á vosa disposición unha selección de arrepiantes lecturas terroríficas. Quen se atreve a pasalo de medo?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


