sábado, 2 de noviembre de 2019

OUTONO TRADICIONAL COS MÁIS CATIVOS

Entre uvas e cabazas, entre viño e medo andiveron os de infantil experimentando novas sensacións.
Primeiro enzoufaron ben as mans para facer un delicioso zume de uva, que posiblemente co tempo se converta nun bo viño. Posiblemente!!!!
Despois volveron ás andades, pero esta vez para baleirar unha cabaza e tallala ata deixala terrorificamente monstruosa.
Mans á obra!!!🍇🎃




XA CHEGA, XA ESTÁ AQUÍ O...SAMAÍN

A preapración, decoración e montaxe previa da nosa festa favorita!!!!

Samaín, Samaín, canto te queremos!!!!










OUTUBRO, 31 DÍAS DE MEDO

Durante todo o mes de outubro preparamos con moito entusiasmo unha das celebracións máis desexada por tod@s: O SAMAÍN.
Coma todos os anos, comezamos o mes cunha exposición de libros terroríficos para pasalo de medo lendo as aventuras máis arrepiantes!!!





martes, 8 de octubre de 2019

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

O venres 27 de setembro celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar (#ESSD2019), Unha xornada de 120 minutos de actividade física na que realizamos actividades de aerobic, zumba, carreiras de relevos, carreiras de zancos, xogos dos aros musicais e diversos xogos populares.

O resultado, aínda que esgotador, foi todo un éxito.
Pasámolo xenial!!! Ponde un pouco de deporte nas vosas vidas!!!!

#Beactive#somosactivos#Galiciasaudable









lunes, 30 de septiembre de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Do 23 ao 27 de setembro celebramos a semana polo clima.
Dende o cole estamos moi concienciados/as da importancia que ten o coidado do noso planeta. Durante estes 5 días levamos a cabo unha serie de actividades para dar a coñecer a toda a nosa comunidade educativa e á xente que nos rodea, o verdadeiro problema que estamos causando os seres humanos.
Entre tod@s podemos!!!





BOMBEIROS NO COLE DE RAMIRÁS

O pasadao mércores, día 25 de setembro, tivemos unha visita moi especial. Coma todos os anos, un equipo de bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, acudiu ao noso centro para darnos unha charla sobre o labor que desenvolven e sobre o protocolo que debemos seguir en caso de emerxencia. Chamar ao 112.
Despois mostráronnos un dos seus vehículos e fixéronnos sentir bombeiros por un intre.
Moitas grazas e ata a próxima!!!




martes, 24 de septiembre de 2019

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO

Benvidos un ano máis á nosa BIBLIO!!! Coma todos os inicios de curso , dámoslle unha especial benvida a todos os alumnos/as, pais, nais e mestres que se incorporan á nosa comunidade educativa e unha forte aperta a todos/as que xa formades parte dela dende fai anos. Este ano comezamos un proxecto novo titulado "O SUPERPODER DE DESCUBRIR", que nos vai transportar polas distintas etapas da historia nas que viviu o ser humano. Ademais festexaremos as festas máis conmemorativas e gozaremos de moitas aventuras xuntos. ESTADES PREPARADOS?