FervenzAventura foi o destino da nosa excursión de fin de curso. Pasamos un día estupendo rodeados de natureza e facendo actividades moi divertidas como: buscar pegadas de animais por un carreiro, facer pan, visitar as hortas e ata plantar leitugas. E despois de todo isto aínda nos quedou tempo para a aventura con: escalada, tirolina, tiro con arco, etc.
domingo, 9 de junio de 2024
viernes, 24 de mayo de 2024
LETRAS GALEGAS
Este 17 de maio homenaxeamos a poeta Luísa Villalta e polo tanto a toda esa xeración de autores e autoras que comezan a expresarse na década dos anos 90 do século pasado e nos primeiros anos do século actual.
Luísa Villalta foi unha activista
moi comprometida con Galicia, por iso quixemos celebrar este día facendo un
chaveiro na impresora 3D co mapa de Galicia e coa mascota da nosa Biblioteca,
pois a Luísa gustábanlle tanto os libros como ao noso Rato. Ademais, tamén puidemos
ler libros sobre ela e facer un Genially que nos axudou a comprender todo o que
Luísa loitou por defender a lingua galega.
VISITA DOS BOMBEIROS
O 23 de abril visitáronnos os
Bombeiros dá Mancomunidade Terra de Celanova. Aprendemos unha chea de cousas
con eles sobre educación viaria e emerxencias. Ademais, subíronnos ao coche de
bombeiros e ensináronnos moitos dos seus elementos: mangueiras, bomba de auga,
escaleiras, luces etc. Encantounos a súa visita.
A NOSA HORTA
Chegou a época de cultivar para poder recoller os froitos antes de terminar este curso escolar. Preparamos a terra e aprendemos unhas nocións básicas de agricultura. Agora xa sabemos como plantar cenorias, tomates, amorodos, leitugas, perexil...
Trataremos de coidar ben a nosa
colleita para que todo salga ben. Tratamos de localizar a nosa horta orientada
ao sur e nun lugar onde lle de moito a luz, esperamos que as choivas e as
temperaturas sexan favorables.
Oxalá vos ensinemos pronto a nosa
colleita.
martes, 14 de mayo de 2024
XOGOS POPULARES
Hai uns días visitounos Lito e con el gozamos dunha
experiencia de promoción da cultura galega mediante a práctica de xogos
tradicionais.
Pasamos un intre moi agradable e saímos da rutina xogando aos xogos cos que se divertían os nosos avós e os nosos pais durante a súa infancia.
sábado, 11 de mayo de 2024
PINGÜÍN
O alumnado de Infantil desprazouse ata o Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Pingüín. Este peza teatral abordaba a situación á que se enfronta un neno/a cando vai ter un irmán. O ter que compartir a atención e o agarimo da súa familia acaba sendo algo positivo, pois acaba gañando unha amizade para toda a vida.
miércoles, 8 de mayo de 2024
METEOESCOLAS
Como sabedes este curso escolar estamos a traballar a meteoroloxía grazas ao Plan Proxecta MeteoEscolas.
Hai un tempo fixemos unha exposición de fotografías sobre o
tempo e o clima que nos enviaron as familias e aquí vos deixamos un vídeo para
ver que bonitas son.
martes, 7 de mayo de 2024
CANTACONTOS
Onte, tivemos no centro unha sesión de Cantacontos de mans da compañía Teatro Migallas. Que intre máis divertido pasamos con María a dos contos e co señor Do-re-mi.
Por aquí vos deixamos un par de fotos.
domingo, 5 de mayo de 2024
SEMANA DO LIBRO
Desde a Biblioteca do Rato quixemos celebrar a semana do libro. Empezamos realizando unha cita a cegas cun conto que resultou ser un éxito, igual que o préstamo especial que fixemos onde nenos e nenas se implicaron moito en escoller un libro que lle gustase ao seu amigo/a invisible.
Os de Infantil tiveron unha
sesión de contacontos por parte do alumnado máis maior e os nenos e nenas de 4º
e 6º realizaron un scape room na biblioteca do que saíron vitoriosos.








