O xoves tres de abril visitou o noso colexio o xornalista de La Voz de Galicia Jesús Manuel García. Dunha forma moi amena e gráfica Jesús Manuel foilles explicando ós nenos como se facía o xornal, cos pasos a seguir para confeccionar unha páxina dende os seus plantexamentos ata o resultado final. Tamén lles explicou en que consiste o traballo dun xornalista e respondeu ás preguntas que lle fixeron os propios nenos e nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario