martes, 15 de diciembre de 2015

BO NADAL!!!!

Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos un BO NADAL, e que mellor xeito que facelo coas postais que elaboraron os nosos alumn@s.
Do mesmo xeito, aproveitamos para invitarvos ao festival de Nadal, que terá lugar o próximo xoves ás 15:00. Esperámosvos!!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow generated with Smilebox

lunes, 14 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA BIBLIOTECA DO RATO


Na Biblioteca do Rato celebramos un Nadal máis xuntos en compañía do noso Ratiño que un ano máis vestimos de Papá Noel.

Para que non esquezades engadir un libro na carta aos Reis e Papá Noel facilitámosvos a elección coas seguintes recomendacións.

Desexámosvos un Nadal cheíño de bos e felices momentos , e como non, acompañadas de moitas lecturas.




OS NOSOS PINTORES AO ESTILO DE PICASSO


Como sabedes, este trimestre estivemos estudiando ao gran Picasso. Coñecemos a súa andaza no mundo da pintura e as súas correntes artísticas. Despois de coñecelo a fondo imitamos os seus cadros. O resultado foi excelente. Ós alumnos chamáronlle tanto a atención os seus cadros e as súas correntes que fixeron unhas auténticas obras de arte, que están expostas na nosa Galería de Arte Rogelio García Yáñez, que se irá enchendo das obras dos nosos pequenos ao longo do curso.
Déixovos un enlace para que vexades os cadros dos nosos alumnos aínda que xa sabedes que estades todos convidados a vir velos en directo.

domingo, 29 de noviembre de 2015

ATA SEMPRE, MESTRE NEIRA VILAS!

Dende a Biblioteca do Rato dámoslle o último adeus a un grande das nosas letras, o "Xornaleiro das letras" que creou a Balbino, o neno labrego galego que conta as vivencias do agro na aldea galega no século XX.

Hoxe, todos somos Balbino e choramos a súa perda. As súas memorias e vivencias plasmadas nos libros serán o noso mellor recordo.





Se vos interesa saber máis sobre Xosé Neira Vilas deixovos os seguintes enlaces.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas

http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html

lunes, 23 de noviembre de 2015

LIBROS DE NADAL

Xa temos á disposición dos lectores unha pequena selección de libros de Nadal para que gocedes en familia de contos cheos de felicidade e tenrura.
Nada mellor que reencontrarse coa maxia do Nadal a través dun libro.
Esperemos que sexan do voso agrado. A ler moito!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox


sábado, 14 de noviembre de 2015

MAGOSTO

Como cada novembro por estas datas, festexamos o magosto. Este ano gozamos dun soleado día e o tempo permitiu asar as castañas na fogueira, comer no patio do cole e pasar unha agradable xornada de conviencia escolar.

No seguinte enlace podedes ver o transcurso da xornada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design personalized with Smilebox

lunes, 9 de noviembre de 2015

PICASSO

Como ben sabedes os seguidores da Biblioteca do Rato este ano andamos a traballar coa arte, centrándonos na pintura e comezamos cun grande deste eido; Picasso.
Para coñecer un pouco máis a este pintor axudámonos de diversos materiais. Usamos o conto "Un sueño de Picasso", elaboramos unha pequena biografía para coñecer a súa vida e as súas correntes artísticas e fixemos un mural con algúns dos seus cadros, centrándonos nos periodos máis coñecidos da súa carreira artística: periodo azul, periodo rosa e o cubismo.

Agora toca levar á práctica o aprendido. Cada alumno elexiu un cadro de Picasso que deberá compoñer. Cando estean rematados amosaremos os resultados dos nosos pequen@s artistas.
Mentres tanto deixovos os recursos usados para que estudedes a Picasso.






jueves, 29 de octubre de 2015

O SAMAÍN

Se hai unha festa por execelencia no Ceip Rogelio García Yáñez, esa é o Samaín. Dende hai uns anos vímolo festexando como se merece e este ano non podía ser menos. Coa chegada do mes de outubro comezamos a encher o colexio de pantasmas, esqueletes, bruxas e este ano unha araña xigante instalouse na nosa entrada xunto coa súa familia. Como non, tampouco faltan as cabazas que as temos do máis orixianais!!

No día de hoxe todos acudimos ao cole disfrazados. Había góticas, homes lobos, vampiros, zombis, bruxas e ata novias cadaver. QUE MEDO!!!

Pasamos unha xornada do máis divertida e compartímola un ano máis cos nosos, xa ,super amigos, os alumnos e profes do Ceip San Marcos de Cartelle. No día de hoxe, houbo obradoiros e xogos de Samaín e un ano máis pasámolo de medo no Túnel da Bruxa. Alí dentro había ogros, esqueletes, pantasmas e quen sabe que outros seres se agochaban entre aquelas paredes das que saía moito fume. 
A hora de xantar degustamos un menú moi terrorífico e rematamos a xornada cun recitado de poemas mentres preparabamos  a nosa particular apócema, que finalmente degustamos. 

Un ano máis vivimos un SAMAÍN inolvidable e xa estamos desexando que chegue o próximo.

Para que quede constancia, deixámosvos o seguinte enlace.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

lunes, 26 de octubre de 2015

RECEITAS DE SAMAÍN

Unha das actividades propostas pola Biblioteca do Rato para este Samaín foi a elaboración dunha receita típica destas datas.
Os nosos alumnos convertíronse en chefs e preguntaron aos que máis saben, consultaron en internet  e en libros de cociña e atoparon receitas do máis exisquisitas. Algúns incluso se animaron a practicar, por suposto todos probamos e ......... mmmmmm, estaban boísimas!! Non perdades as mañas!!

No seguinte enlace podedes ver o noso caderno de receitas e algunhas fotiños dos cociñeir@s e os seus pratos.








Emily co seu biscoito de Samaín. Un enorme volcán de sirope cunha araña e unha cruz de chocolate!!

As momias crocantes de Carmen. Un prato terrorífico moi suculento


 Lambemos os dedos coas galletas de samaín de Cris!!

viernes, 23 de octubre de 2015

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA VISITA DE LUIS VALLECILLO

No día de onte o cantacontos Luis Vallecillo estivo no noso cole e cantounos moitos contiños. Moitos deles eran de Samaín, cos cales perdemos o pouco medo que tiñamos e disfrutamos moitísimo da sesión.

Moitas grazas Luis polo teu paso polo noso cole e pola Biblioteca do Rato.

No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos.

 

viernes, 16 de octubre de 2015

ÁLVARO NEGRO VISITA O NOSO COLE

No día de hoxe convertémonos en auténticos artistas grazas á axuda  do pintor ÁLVARO NEGRO. Presentounos distintas pinturas ao longo da Historia da Arte e así puidemos observar as distintas perspectivas e puntos de vista das mesma, así como as sombras e os puntos de luz. Despois puxemos en práctica o aprendindo plasmando nunha lámina distintas figuras xeométricas coas súas luces e sombras. 
Álvaro quitounos unha foto moi chula e proxectouna na parede e así puidemos debuxarnos a nós mesmos seguindo o estilo do cadro de Rafael "A escola de Atenas". 
Resultou ser un bo comezo do noso Proxecto Artístico xa que o  pasamos  moi ben e en pouco tempo aprendemos moitas cousas. 
Moitas grazas Álvaro pola túa axuda e por visitar o noso cole.

martes, 13 de octubre de 2015

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ!!



Xa estamos traballando a reo para festexar como se merece a celebración máis desexada pola comunidade educativa do Ceip Rogelio García Yáñez. 
O noso ratiño xa está preparado para a ocasión!!


 Non sei que ten o Samaín que nos pon a mil!!!

Este ano unha araña invadiu a entrada ao cole coas súas arañiñas!!




ACTIVIDADES DO MES DE OUTUBRO:


LECTURAS DE MEDO: Este ano, como os anteriores, e como podedes ver na anterior entrada ao blog propoñémosvos de novo unha selección de lecturas de medo que tendes na exposición de lecturas da Biblioteca do Rato.
RECEITAS DE SAMAÍN: Tamén propoñemos a elaboración dunha receita de Samaín. Pode ser calquer receita pero debedes darlle o toque de maxia arrepiante propio destas datas.

CONTOS DE SAMAÍN: O día 22 de outubro festexaremos o día das bibliotecas coa visita de Luis Vallecillo que nos cantará os seus contos e algún de Samaín tamén caerá!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS: Coma todos os anos, precisamos que nos axudedes a decorar a entrada ao cole, e non se me ocorre nada mellor que as orixinais cabazas que vos mesmos deseñades. Poñede a voar a imaxinación, xa sabedes que podedes usar todos os materiais que se vos ocorran.

FESTA DE SAMN: Un ano máis festexaremos a festa agardada e por segundo ano consecutivo os alumnos e profes do Ceip San Marcos de Cartelle compartirán con nós, bos momentos nos abradoiros de Samaín e viviremos xuntos escalofriantes aventuras no tan desexado túnel do terror.

MENÚ ESPECIAL SAMAÍN: Como novidade, este ano gozaremos dun menú de Samáin moi especial. Os grandes chefs do Ceip Rogelio Garcia Yáñez están a traballar nel para que sexa unha gran sorpresa do voso agrado.





ESPERAMOS QUE PARTICIPEDES EN TODAS AS ACTIVIDADES!!

viernes, 2 de octubre de 2015

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Como ben sabedes, os seguidores da Biblioteca do Rato, durante o mes de outubro facemos unha exposisción de lecturas arrepiantes para que o pasades de medo lendo aventuras de bruxas, ogros, zombis e vos vaiades metendo en ambiente para festexar a celebración máis desexada: O SAMAÍN!!

No seguinte enlace podedes ver a selección de libros. Espero sexan do voso agrado


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow customized with Smilebox



jueves, 1 de octubre de 2015

ENTREVISTA PARA O XORNAL ESCOLAR

No día de onte o noso cole saíu no suplemento "Xornal Escolar" da Región.









Aquí tendes o enlace:
http://www.laregion.es/articulo/xornal-escolar/fomentando-habitos-saudables/20150930115242572134.html

viernes, 11 de septiembre de 2015

BENVIDOS UN ANO MÁIS Á BIBLIOTECA DO RATO

Un ano máis comezamos un novo curso con ilusión e con moitas ganas de traballar no novo proxecto, que leva por título, "ARTE I: A pintura como linguaxe da luz e das cores". Estudaremos aos "grandes" da pintura e plasmaremos as súas correntes artísticas nos nosos propios cadros, que serán expostos na galería de arte Rogelio García Yáñez.

Dende aquí, damos a benvida a todo o alumnado, en especial, aqueles que se incorporan, de novo a nosa familia e recordámosvos que A Biblioteca do Rato está aberta a todos aqueles que desexen vivir novas aventuras, tomando un libro como transporte de viaxe.

jueves, 18 de junio de 2015

BOAS VACACIÓNS ACOMPAÑADAS DE LECTURAS

Dende a biblioteca do Rato desexámosvos unhas moi boas vacacións de verán.
Aconsellámosvos que durante este verán levedes de vacacións  aos mellores amigos do noso Rato, os libros.

Aquí vos deixamos unhas recomendacións.


REVISTA DO CURSO ESCOLAR 2014 - 15

Un ano máis publicamos a revista do curso escolar 2014 - 15.
Nela atoparedes un resumo de todas as actividades e traballos levados a cabo durante este curso.
Botádelle unha ollada. De seguro que vos vai gustar!!


NORABOA AOS ALUMNOS DE 4º E 5º

Durante este curso os alumnos e alumnas de 4º e 5º participaron no concurso "fai o teu propio xornal" proposto pola xornal "La Región" no que debían elaborar un pequeno xornal do cole.
Estes días comunicáronnos que saíron gañadores.

Moitísimas felicidades polo esforzo e traballo ben feito rapaces!! Seguide así!!

Aquí podedes ver de novo o xornal.






Os gañadores están desexando disfrutar do premio!! 








martes, 16 de junio de 2015

NORABOA EMILY

No primeiro trimestre participamos no concurso "A ciencia que conta" posto en marcha pola universidade de Vigo.
O conto de, Émily Rivera Estévez, foi seleccionado como un dos mellores e está publicado no libriño "A ciencia que conta"

No seguinte enlace podedes botarlle unha ollada aos relatos de ciencia.



Dende a Biblioteca do Rato felicitamos a Émily e dámoslle moitos ánimos para que siga creando contos así de fermosos e faga da creación literaria unha das actividades favoritas





lunes, 15 de junio de 2015

MENS SANA IN CORPORE SANO

Como ben sabedes, os seguidores do noso blog, todas as actividades levadas a cabo no Ceip Rogelio García Yáñez parten da Biblioteca do Rato.
Como non podía ser doutro xeito, o deporte escolar é outra das actividades que ten como nexo central a biblioteca participando nas modalidades de campo a través, fútbol sala e bádminton.
Aquí tendes un resumo de todas as actividades deportivas levadas a cabo este ano.

jueves, 4 de junio de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO RECICLA CON TALENTO

O noso cole resultou gañador do Concurso "Recicla con Talento" posto en marcha pola Mancomunide de Terras de Celanova, no que os colexios representantes debían elaborar un monumento da zona usando materiais reciclados do contedor amarelo.
Construímos o Mosteiro de San Pedro de Ramirás, para o que utilizamos máis de 1000 briks de leite, máis de 1100 tapóns de botellas, algunhas latas e plásticos.
NORABOA RAPACES!!





miércoles, 3 de junio de 2015

CADERNO DE EXPERIMENTOS DA BIBLIOTECA DO RATO

O curso remata e antes de facelo queremos ensinarvos o noso pequeno caderno de experimentos da Biblioteca do Rato.
É un resumo dalgúns dos experimentos que levamos a cabo este ano, aproveitando que o proxecto no que nos embarcamos iba relacionado coa ciencia.

martes, 12 de mayo de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta semana dende A Biblioteca do Rato traballaremos coa figura de Xosé F. Filgueira Valverde.
Repasaremos a súa andanza usando os carteis informativos e traballaremos usando as seguintes páxinas:

Actividades en liña

http://www.seminariogalan.org/

PASAPALABRA

GALICIA DIXITAL



Para conmemorar esta festividade, un ano máis os alumnos de 2º grupo de primaria asistirán as xornadas de teatro de Bande representando unha obra titulada: "Parola entre a taberna e a escola"


martes, 5 de mayo de 2015

EXPOCIENCIA RAMIRÁS

Durante as últimas semanas do mes de abril, aproveitando as celebracións deste mes, como o día do Libro e o da Literatura Infantil e Xuvenil, acordamos celebrar unha Expociencia de pais e alumnos que foi todo un éxito.



Divertímonos moito e démoslle ao coco coas exposicións científicas e os trucos de maxia científicos de Carlos, o pai de Alba e Carlitos. Aprendemos de densidades e escachamos coa risa co crecepelo de Analía e seu pai Jorge que xuntos fixeron unha exposición moi amena e sincronizada no diálogo.




Os alumnos do 2º grupo convertéronse en grandes científicos axudándonos a comprender a presión atmosférica a través dunha vela, crearon unha lámpada de lava, conseguiron manter pelotas de pinpón en suspensión co aire dun secador, explicaron a execución de xoguetes científicos como o espectroscopio, o xoguete aerodeslizador e o simple xogo do teléfono con vasos de iogur.
Con outros experimentos tamén lograron plantar lume na auga engadindo un gas inflamable, fixeron unha explosión con mentos e coca cola e mesmo conseguiron introducir un ovo nunha botella así como fabricar un extintor caseiro ou rachar un bloque de xeo cun cable de cobre e comprobar como se volve a soldar de novo.

Aprendemos moito de ciencia nestas xornadas e unha vez máis fixemos da nosa biblioteca un lugar de encontro, convivencia e aprendizaxe.
Dende a biblioteca do Rato agradecemos a participación de Carlos e Jorge nestas xornadas e animamos a toda a comunidade educativa a participar neste tipo de actividades.