viernes, 28 de octubre de 2016

CONVIVENCIA SAMAÍN - HALLOWEEN

Hoxe foi un deses días nos que a todos nos gustaría regresar a nosa infancia e volver a ser neno para vivir esas vivencias e sentimentos que soamente eles son capaces de sentir, aínda que tamén temos que recoñecer que hoxe, os profes, volvemos a nosa infancia e disfrutamos tanto coma os nosos alumnos.
Foi un día terrorificamente incrible, sentimentos de medo mesturados con risas, algunha que outra bágoa e felicidade, moitísima felicidade. 
Dende o día 1 de outubro, as nosas cabeciñas non pensaron noutra cousa que non fose o Samaín, alumnos e mestres traballamos cóbado, a cóbado para decorar o cole, para encher o túnel da bruxa de pasaxes arrepiantes, para coñecer e investigar a orixe desta festa e mesmo fixemos un libro de acrósticos de Samaín e deseñamos grazas a nosa cociñeira, Alicia, un riquísimo menú especial para este día.
Hoxe compartimos todas estas experiencias cos nosos, xa amigos, os alumnos e mestres do Ceip San Marcos de Cartelle que por terceiro ano consecutivo, nos visitaron neste día tan especial e pasárono de medo connosco.
Rematou o día e xa estamos a argallar novas ideas para o vindeiro Samaín!

Espero vos gusten as imaxes.

3 comentarios:

nali dijo...

Mi maa!!!
Pedazo túnel da bruxa!!
Arrepieime só con velo.
Noraboa os mestres polo moito que curran cos nosos cativos....

nali dijo...

Mi maa!!!
Pedazo túnel da bruxa!!
Arrepieime só con velo.
Noraboa os mestres polo moito que curran cos nosos cativos....

Equipo biblioteca dijo...

Graciñas polo teu comentario. É un orgullo e unha ilusción preparar cada celebración e disfrutalas con eles vendo as súas caras de felicidade. Disfrutamos vendos felices a eles. É o noso mellor obxectivo.