"Cantares Gallegos" é o seu libro por excelencia, o que Manuel Murguía, o seu marido, publicou sen que ela o suobese que conseguiu que o galego recuperase a súa identidade e deixase de estar desprestixiado.
Outro dos poemarios máis destacados foi "Follas Novas", publicado un so ano antes da súa morte
Rosalía é unha autora universal, traducida ás principais linguas mundiais e fundamentalmente incorpora a tristeza como sentimento predominante na súa obra, debido a unha serie de acontecementos e a unha época difícil que lle tocou vivir. Un dos poemas que mellor reflexan ese malestar e esa dor e a "Negra Sombra", un dos poemas máis coñecidos.
Outro dos poemas máis coñecidos é " Adios Ríos, adiós fontes" que fai referencia a marcha da aldea e o despido de todos e de cada un dos elementos que compoñen a paisaxe galega.
Esta semana, quixemos rendir homenaxe, a esta gran muller que lle devolveu ao galego o seu carácter e fixémolo traballando cos seus poemas, repasando as súas andanzas pola vida e decorando as portas e un recuncho de cada aula cun poema que aprendemos. Hoxe, na hora de ler, disfrazados, porque coincidiu coa celebración do Entroido, recitamos os poemas e mostramos os nosos traballos aos nosos compañeiros.
Así o fixemos e así nos quedou!!
VIVA ROSALÍA #rosalíate
1 comentario:
Interesante todo o traballo. Parabéns!
Publicar un comentario