Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Nós tamén quixemos dicir NON e para iso, o pasado mércores 25, levamos a cabo unha serie de actividades. Comezamos coa visita de dúas compañeiras da Cruz Vermella, que nos deron unha pequena charla sobre este tema e posterior reflexión. A continuación cada alumn@ deseñou unha camiseta con palabras ou frases contra a violencia de xénero. Por último mostramos as camisetas nun mural para concienciarnos da importancia deste día.
Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario