O pasado xoves 10 de novembro celebramos o magosto. Gozamos dun marabilloso día que nos permitiu facer unha fogueira e pintarnos coa cinsa. Comemos empanada, chourizos, un riquísimo chocolate e bica. Como manda a tradición non faltaron as castañas asadas. Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo.
Mirade que ben o pasamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario