Como non podía ser doutro xeito, durante a semana do 13 ao 17 de febreiro festexamos o Entroido. De luns a xoves seguimos as mandas do meco para converternos nuns auténticos "rockeiros".
O venres 17 acudimos ao cole disfrazados dende as nosas casas. Pola mañá bailamos, divertímonos e corremos polo patio. Despois pintamos e decoramos con cores as olas de barro, que usamos pola tarde para xogar. Á hora do xantar degustamos un delicioso cocido e as típicas
orellas de Entroido.
Pola tarde, os alumnos de primaria, xogamos a ser auténticos "carnavaleiros" coas olas de barro e os alumnos de infantil fixeron o mesmo coas súas piñatas.
Así de ben o pasamos neste estupendo día de Entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario