No cole esta semana celebramos o día das Bibliotecas e a nosa actividade estrela foi a visita de Andrea Maceiras.
Andrea é unha escritora galega de
literatura xuvenil e o noso alumnado tivo a oportunidade de charlar con ela.
Contounos que as ideas dos seus libros ás veces xorden de forma inesperada. Por
exemplo, o seu libro Alma de elefante foi escrito a partir dun debuxo feito a
lapis que se atopou no chan do templo de Banteay Srei na súa viaxe a Camboxa.
Ademais, Andrea animounos a que
plasmemos en papel as nosas propias historias e a gozar das aventuras que conta
nos seus libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario