No cole conmemoramos o Día iternacional da eliminación da violencia de xénero baixo o lema Axúdanos a pór moitas lentes violetas.
Para este lema tomamos prestada a
metáfora "das lentes violetas" de Gemma Lienas, autora do libro O diario
violeta de Carlota. Este libro conta a historia dunha nena que recibe a misión da
súa avoa de observar o mundo cunhas lentes violetas, é dicir desde unha óptica
feminista e igualitaria. Nós tamén quixemos pór as lentes violetas para
ser conscientes das discriminacións que día a día sofren as mulleres.
Ademais, o alumnado de 4º e 6º
desprazouse ata Celanova para participar, con outros centros da contorna, nun acto conmemorativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario