Para celebrar o final do primeiro
trimestre fixemos unha saída a Allariz para ver a decoración de Nadal. Gozamos
moito do decorado que fixeron os veciños e veciñas da vila, pero o que máis nos
sorprendeu é que o Elfo apareceu entre o decorado. Que sorpresa!
Ademais de pasear polas súas rúas
subimos ao outeiro máis alto de Allariz, coñecido como O Castelo, para ver a paisaxe desde o máis alto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario