Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

ROTEIRO LITERARIO: SEGREDOS SOTERRADOS



Aquí quedan algúns momentos dos que gozamos durante o noso roteiro literario pola aldea de Vilar, baseado no libro Segredo Soterrados.

Foi unha xornada de ler, compartir, e indagar na natureza, na historia...

Moitas grazas a Xesta Brava por esta actividade tan divertida e enriquecedora e ao Club de Lectura!!

jueves, 7 de mayo de 2026

LENDO XUNTAS: SEGREDOS SOTERRADOS


 Porque despois de probalo, a moitas nos gusta máis. Para todas aquelas persoas que preferides ler xuntas, dende o 11 ao 22 de maio poderedes vir a ler a biblioteca, todas xuntas e de maneira voluntaria.

QUE BEN O PASAMOS NO CLUB DE LECTURA!


 Aquí tendes unhas fotos da nos última aventura no Club de Lectura, foi un día moi especial!

miércoles, 29 de abril de 2026

II PICNIC E AGACHADAS DO CLUB DE LECTURA


 

PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA FESTIÑA DO CLUB!



 

O mércores 6 de maio teremos a nosa seguinte celebración de lecturas do Club de lectura do rato.

Despois deste tempo lendo diversos libros, levaremos a cabo unha actividade moi especial para a que precisades ter ao día os vosos pasaportes lectores, porque de verdade que os ides necesitar!

viernes, 6 de marzo de 2026

PICNIC E AGACHADAS DO CLUB DE LECTURA


 Aquí podedes ver algunhas fotos da nosa primeira festiña do Club de lectura, gozámolo moitísimo!!

miércoles, 25 de febrero de 2026

NOVO INTENTO PARA O PICNIC E AGACHADAS DO CLUB DE LECTURA


 

Como xa sabedes, a celebración da festiña do club non foi posible aínda debido ao tempo, o próximo mércores 4 de marzo tentaremos levala a cabo.

Non esquezades o voso pasaporte lector e a caracterización!!

miércoles, 11 de febrero de 2026

REUNIÓNS CLUB DE LECTURA DO RATO


 

Aquí tendes algunhas fotos das reunións que levamos feitas no club de lectura, como vedes lemos, falamos e compartimos momentos moi especiais.

Animádevos a participar as que aínda estades dubidando!

miércoles, 21 de enero de 2026

I FESTA DAS AGACHADAS DO CLUB DE LECTURA DO RATO


 Xa todas rematamos a nosa primeira lectura:

La muy catastrófica visita al zoo. 

Despois de ter compartido impresións das nosas lecturas e recibido opinións das nosas familias, xa estamos preparadas para celebrar Picnic e xogo das agachadas no parque dos Amedos.

Non esquezades traer o voso pasaporte lector cuberto e asinado e vir caracterizada como algunha das personaxes do libro.

*Estade atentas ao tempo e a Abalar, se chove teremos que cancelar...

miércoles, 14 de enero de 2026

PASAPORTES LECTORES Á VISTA!!

 

Non faltedes as reunións da próxima semana, falaremos sobre a lectura que xa estamos a piques de rematar: La muy catastrófica visita al zoo e repartiremos os nosos pasaportes lectores.
 

viernes, 5 de diciembre de 2025


 

Comezamos a nosa primeira lectura conxunta do Club de lectura do rato 25/26!

 

Animádevos a participar porque vai ser unha experiencia xenial para ratiños de biblioteca e para os que non o son tanto. Ademais de ler e compartir, faremos xogos e picnic ao rematar as lecturas.

Lembrade que as familias tamén podedes participar, enviade unha mensaxe en resposta ao Abalar informativo ou ao teléfono do cole para pedir máis información ou comunicar a vosa participación.

miércoles, 3 de diciembre de 2025

COMPROMISOS LECTORES CLUB DE LECTURA DO RATO


 O noso club de lectura xa está en marcha e as persoas participantes xa asumimos os noso compromisos lectores. 

Aquí podedes ver nunha soa imaxe que quere dicir pertencer ao noso club de lectura, ademais de ler, compartir, falar, celebrar... temos certas obrigas que debemos cumplir.

lunes, 27 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS


 Para celebrar o día das bibliotecas e facer a apertura oficial da mesma neste curso escolar, así como para comezar a abrir boca e animar a todas e a todas a somerxerse no mundo da lectura e no Club de lectura, o 23 deste mes de outubro gozamos da contada de Sabela Gago, que non deixou a ninguén indiferente!

miércoles, 1 de octubre de 2025

REUNIÓN INICIAL DO CLUB DE LECTURA DO RATO 25/26


 

Animádevos a participar no Club de lectura do Rato, se tendes ganas de saber máis sobre que faremos, como e onde, ou de facer propostas e dar aportar boas ideas, vinde pola biblio o mércores ás 14:30!!