Onte 23 de Abril festexamos o Día do Libro con alguén moi especial. O poeta de Ramirás Lois Antón visitou a Biblioteca do Rato. Falounos da súa escola da infancia, dos xoguetes que construía e demáis xogos que argallaba para pasar o tempo. Tamén nos falou dos seus comezos como poeta e de que tivo que emigrar a Alemaña e Holanda onde xurden moitos dos seus poemas. Despois algúns alumnos recitaron poemas de Lois Antón e rematamos a xornada con preguntas e entrega de agasallos. Lois fíxonos un agasallo moi especial; un precioso poema que non pode definir mellor o noso instrumento de traballo "os libros" e outro poema sobre o noso colexio. Nós tamén quixemos agradecer a súa presencia neste día e agasallámolo cun libro de autores e compañeiros seus da zona.
Dende aquí agradecemos a túa presencia na nosa biblioteca nun día tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario