Deste xeito saímos de camiño cara o concello acompañados dun guía xa coñecido por nós, Celso, o profe de informática. Unha vez na casa do concello visitamos as súas dependencias como o xulgado de paz, as oficinas de emprego, da asistenta social, de correos, o arquivo, o despacho da alcaldesa Pilar e o salón de plenos. Celso falounos dos diferentes traballos e actividades que se levan a cabo no concello e dende as diferentes oficinas para que todo marche ben. Acto seguido, os nosos pequenos periodistas entrevistaron a Pilar, a alcaldesa, con preguntas que prepararon con anterioridade.
Finalmente, despois de saber como é un concello e en que consiste o traballo dun alcalde visitamos o centro cultural destinado ao lecer e o desenvolvemento de actividades de ocio. O centro consta dunha sala de ordenadores, unha biblioteca e un salón de actos aberto diariamente á poboación.
Rematamos a xornada co regreso ao colexio sabendo máis da organización e actividades que un concello leva a cabo.
Dende aquí agradecemos a Celso e a alcaldesa Dona Pilar pola súa axuda e colaboración que fixeron desta unha xornada moi agradable.
This free slideshow customized with Smilebox |
No hay comentarios:
Publicar un comentario