Un soño, un anceio, un clamor.
Un futuro, unha esperanza, un albor.
Un colexio, un pupitre, un profesor.
Un libro, unha páxina, un lector.
Poema que Lois Antón escribiu para o noso colexio.
Para festexar o día do Libro Diana e Daniela contáronnos o divertido conto de Paco Papán.
Despois, cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillados o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado.
Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.
Así de ben o pasamos.
Recordade pois, a frase do grande Miguel de Cervantes: "O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito" e animádevos a facer dos libros os mellores compañeiros de aventuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario