viernes, 19 de diciembre de 2008

Polo Nadal un Libro


O Rato da Biblioteca, recoméndanos para este Nadal uns libros chulísimos, cos que ben seguro parémolo moi ben nestas vacacións.








DENDE A NOSA BIBLIOTECA DESEXAMOSVOS FELICES FESTAS!!

viernes, 14 de noviembre de 2008

24 de Outubro: Día das Bibliotecas

No día en que se conmemorou o Día das Blibliotecas, os nen@s de 5º e 6º representaron unha pequena obra de teatro, tendo como escenario A Biblioteca do Rato. A través desta obra, quixeron acercar o resto de compañeir@s do cole a importancia que teñen os libros na nosa vida cotiá.

sábado, 26 de abril de 2008

Día do Libro

Día do LIBRO

O noso centro celebrou o "Día do Libro" por todo o alto ao longo de toda a semana con diversas actividades:
  • "Cada ovella coa súa parella", xogo que consistiu en enparellar títulos de libros coas súas portadas e buscalos.
  • "A sopa de letras" sobre persoaxes de diferentes contos.
  • "A Olimpiada do Saber" preguntas relacionadas con este mes dos libros para o terceiro ciclo.
  • Murais, exposicións, Contacontos a cargo dos nenos maiores...

viernes, 11 de abril de 2008

Visita do xornalista Jesús M. García



O xoves tres de abril visitou o noso colexio o xornalista de La Voz de Galicia Jesús Manuel García. Dunha forma moi amena e gráfica Jesús Manuel foilles explicando ós nenos como se facía o xornal, cos pasos a seguir para confeccionar unha páxina dende os seus plantexamentos ata o resultado final. Tamén lles explicou en que consiste o traballo dun xornalista e respondeu ás preguntas que lle fixeron os propios nenos e nenas.

viernes, 28 de marzo de 2008

Dia da Poesía e da Árbore

Hoxe, no día da poesía e da árbore os nen@s do noso cole, despois de plantar unha árbore no patio do cole, compuxeron poesías... a maior parte delas, dedicadas ás árbores.

Unha pequena mostra da calidade poética do noso centro é:









Estas composicións son representativas de cada un dos ciclos, dende educación infantil ata sexto de primaria.

Esperamos que vos gusten!!

miércoles, 5 de marzo de 2008

Visita de Anxo Fariña


Antía e Andrea de 6º viron así a visita de Anxo Fariña ó noso colegio:

"Onte visitounos Anxo Fariña que cos seus debuxos impresionou a todolos nenos/as do colexio, dende os máis pequenos ata os máis grandes.

O que máis lles gustou ós peques foron os "pelelliños" uns personaxes máxicos, creados por A. Fariña.

Falounos dos seus libros, entre eles de:

O ladrón de palabras, neste conto as palabras vólvense físicas e descubrimos que teñen moita forza e que con elas pódese facer ben ou mal, depende da elección da xente.

O libro que máis nos gustou ós maiores foi: Os megatoxos e o aprendiz de druida.

Despois de falar dos libros ensinounos a debuxar personaxes. Fixonos dous exemplos con dous nenos do cole. Quedaron moi ben.
¡ Esperamos que nos visite outro día!



o

miércoles, 27 de febrero de 2008


Na "Hora de ler"que comezamos no colexio no mes de febreiro, os alumnos/as de 5º os mercores dedícano á prensa, xa que están no programa da Voz de Galicia "Prensa-escuela"

miércoles, 13 de febrero de 2008

A hora de ler


Este luns no centro comezamos a "Hora de ler", consiste en dedicar 20 minutos diarios a lectura. Todo o centro faino a primeira hora da mañá.

Os nen@s teñen liberdade para ler o que máis lles guste; ben libros da biblioteca ou os que traen eles.

viernes, 8 de febrero de 2008

ENTROIDO 2008

miércoles, 30 de enero de 2008

VISITA DE KALANDRAKA

Hoxe A biblioteca do rato recibiu a visita dos contacontos de Kalandraka, que nos fixeron pasar uns intres moi divertidos,cheos de viaxes e aventuras en compaña dos personaxes máis fantasticos.
Aqui tendes algúns deses intres máxicos que nos fixeron pasar os conta contos:

A visita de Kalandrala

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz, facendo as seguintes actividades: Recitación de poemas, lectura dun conto, definicións da PAZ, escenificación da obra "Controversia de cores" e pechamos a celebración coa canción de José Luis Perales: "Que canten los niños"








viernes, 25 de enero de 2008

SOPA DE LETRAS DA PAZ

Nesta sopa de letras temos que atopar gañadores de premios Nobel da Paz:

miércoles, 23 de enero de 2008

Con estos murales enchimos de PAZ o noso cole

video

Tódolos nen@s do cole colaboramos, e unimos os nosos esforzos para que PAZ encha o noso cole e os nosos corazóns. Esperamos que vos gusten.

Poesía da PAZ

Dende o blog do CEIP “Rogelio García Yánez” de Ramirás, queremos publicar está poesía dunha nena israelí de 13 anos.

Tenía una cajita de colores,
luminosos, fuertes y vivos;
tenía una cajita de colores,
unos calurosos, otros muy fríos.
No tenía el rojo para la sangre de
los heridos
no tenía el negro para el llanto de
los huérfanos,

no tenía el blanco para las manos
y los rostros de los muertos,
no tenía el amarillo para las
ardientes arenas,
pero sí tenía el anaranjado para la
alegría de vivir,
y el verde para los brotes y los
nidales,
y el azul de los claros cielos
resplandecientes,
y el rosado para los sueños y el
descanso.
Me sente y pinté la PAZ

lunes, 21 de enero de 2008

viernes, 18 de enero de 2008

Estas son algunhas das poesías que recitaremos

No queremos muerte.
Queremos vida.
No queremos guerra.
Queremos paz.
No queremos sufrimientos.
Queremos alegrías.
Queremos un mundo lleno de paz.

Dime tù de que color eres:

Blanca, negra o amarilla,

que con tus vuelos rasantes, das alegría a la vida.

Eres mi paloma amiga:

la paloma de la vida.


A PAZ

Somos os nenos e nenas de 5º curso. Estamos preparando actividades para o día da paz: poesías, dramatización, unha canción... xa vos mostraremos todo máis adiante.

miércoles, 16 de enero de 2008

Esta é a nosa biblioteca, a "Biblioteca do Rato", dende onde traballamos, lemos, xogamos, divertímonos... dende onde vivimos a maxia dos libros.

Inauguración!!


Hoxe inauguramos o noso blog, para dar a coñecer a nosa biblioteca e para compartir as nosas experiencias e traballos que realizamos nela.
Hasta pronto!