viernes, 30 de noviembre de 2012

LECTURAS DE NADAL


Papa Noel e os Reis Magos xa chegaron á Biblioteca do Rato e deixaron unha exposición de lecturas de Nadal. Animádevos a ler históricas máxicas e frías de Nadal .

martes, 27 de noviembre de 2012

Recibimos a visita dos Bombeiros

Hoxe día 27 de novembro tivemos unha visita moi especial no cole. Os bombeiros da Mancomunidade de Celanova déronnos unha charla sobre o que debemos facer en caso de incendio. Foi unha charla moi amena na que Bob Esponxa axudado dun libro moi especial nos contou como actuar ante un incendio.
Despois souo a alarma e todos saímos moi ordenadamente ao patio mentres a directora chamaba ao 112 para alertar do incendio que había no cole. Os bombeiros enseguida chegaron cos seus camións, apagaron o lume e rescataron a Teacher que quedara atrapada dentro. Finalmente os bombeiros nos explicaron e nos ensinaron todas as ferramentas que traen nos seus camión e para que serven. Foi unha xornada moi divertida  onde aprendemos moito. Dende hoxe moitos queremos ser de maiores bombeiros !
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Another presentación by Smilebox

miércoles, 14 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

O martes 13 de novembro celebramos o magosto no colexio e pásamolo moi ben. Comemos empanada, chourizos e castañas asadas na fogata. Despois de comer pintámonos e xogamos aos xogos típicos galegos como o encesta castañas, carreira de sacos e a facer castelos con carozos de millo.
No seguinte enlace podedes ver a celebración da festa:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

jueves, 1 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

O 31 de Outubro celebramos o Samaín no colexio e pasámolo de medo. Empezamos a mañá disfrazándonos e vendo unha película. Os máis pequeno viron unha de Mickye e os maiores Casper. Despois os profes tiñan preparado un tunel do terror. Había arañas, esqueletos, bruxas, vampiros botando auga e uns sons arrepiantes. Pasámolo de medo. Continuamos a xornada con un menú de Samaín; crema de cabaza e xelatina con sorpresa. Pola tarde xogamos a uns xogos de Samaín moi divertidos e recibimos os premios das cabazas. Xa estamos deseando que chega o próximo para repetir!
Nos seguintes enlaces podedes botar un ollo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow customized with Smilebox

ENLACE PARA VISUALIZAR O VIDEO EN YOU TUBE:

http://www.youtube.com/watch?v=NsQaVSxlA1M&feature=youtu.be