jueves, 10 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Despois de traballar toda a semana sobre o magosto, a súa tradición e despois de recompliar os seus refráns e as súas cantigas celebramos un ano máis o magosto no colexio.
Primeiro asamos as castañas, xantamos, queimamos os medos que redactamos na semana do Samaín e por último xogamos aos xogos típicos desta festividade. Foi unha xornada inesquecible.

http://www.youtube.com/watch?v=KrKLCpAR0Jo

jueves, 3 de noviembre de 2011

A FESTA DO SAMAÍN

O pasado venres 28 de Outubro celebramos a festa do Samaín. Pola mañá lemos contos de bruxas e pantasmas e documentámonos na historia e tradicción do Samaín. Despois vimos unha película e pola tarde disfrazámonos e xogamos aos xogos típicos desta celebración. Velaí vai a proba do ben que o pasamos
http://www.youtube.com/watch?v=_vH5nKaNCP4