viernes, 28 de octubre de 2016

CONVIVENCIA SAMAÍN - HALLOWEEN

Hoxe foi un deses días nos que a todos nos gustaría regresar a nosa infancia e volver a ser neno para vivir esas vivencias e sentimentos que soamente eles son capaces de sentir, aínda que tamén temos que recoñecer que hoxe, os profes, volvemos a nosa infancia e disfrutamos tanto coma os nosos alumnos.
Foi un día terrorificamente incrible, sentimentos de medo mesturados con risas, algunha que outra bágoa e felicidade, moitísima felicidade. 
Dende o día 1 de outubro, as nosas cabeciñas non pensaron noutra cousa que non fose o Samaín, alumnos e mestres traballamos cóbado, a cóbado para decorar o cole, para encher o túnel da bruxa de pasaxes arrepiantes, para coñecer e investigar a orixe desta festa e mesmo fixemos un libro de acrósticos de Samaín e deseñamos grazas a nosa cociñeira, Alicia, un riquísimo menú especial para este día.
Hoxe compartimos todas estas experiencias cos nosos, xa amigos, os alumnos e mestres do Ceip San Marcos de Cartelle que por terceiro ano consecutivo, nos visitaron neste día tan especial e pasárono de medo connosco.
Rematou o día e xa estamos a argallar novas ideas para o vindeiro Samaín!

Espero vos gusten as imaxes.

jueves, 27 de octubre de 2016

ESPERANDO CON ANSIA A CHEGADA DO SAMAÍN

Pois xa está todo listo: cole decorado, cabazas listas para espantar aos malos espíritos, obradoiros de Samaín preparados, túnel da bruxa con novidades arrepiantes, menú de Samaín en marcha nos fogóns da nosa cociña ...... So queda recibir un ano máis aos nosos amigos do Ceip San Marcos de Cartelle para pasalo de medo. Quen se apunta?




miércoles, 26 de octubre de 2016

ACRÓSTICOS DE SAMAÍN

Este ano, dende a biblio tocou facer uns acrósticos de Samaín e pensando, pensando saíron uns terroríficos acrósticos con vocabulario diverso do Samaín.
Así os fixemos e así nos quedou o noso libriño!




lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro rendimos homenaxe a biblioteca escolar, no noso caso, A Biblioteca do Rato, o corazón da noso cole, o lugar de onde parten todas as actividades e nexo de unión de toda a comunidade educativa.
Para festexalo Anxo Moure visitou a nosa biblio e gozamos cociñando os contiños que nos traía preparados. Estes contiños, como "O Carballo con Botas" ou " O paraugas Dameaugas" están cheos de sentimentos, de paz e de moito amor  á natureza e en especial as árbores e os nosos bosques.

Nun día tan especial, dámosche as grazas Anxo, por alimentar a nosa imaxinación cociñando os teus contos no noso mellor restaurante imaxinativo, a Biblioteca do Rato.

Así de ben o pasamos!

jueves, 20 de octubre de 2016

ANXO MOURE NA BIBLIOTECA DO RATO

O vindeiro luns 24 de outubro festexaremos o día das Bibliotecas Escolares coa visita do contacontos e autor do libro "O Carballo con Botas", Anxo Moure. 


viernes, 7 de octubre de 2016

PENSANDO NO SAMAÍN


Xa queda menos para a festa máis esperada do ano, O SAMAÍN, e o noso Ratiño, que xa está disfrazado para a ocasión, preséntavos o cartel coas actividades deste ano.
Esperemos que vos gusten!!