martes, 31 de octubre de 2017

UN GRAN SAMAÍN

Hoxe martes 31 de outubro festexamos a gran festa de Samaín como ben se merece. 
Como cada ano todos acudimos ao cole disfrazados para a ocasión e o cole quedou cheiño de; bruxiñas, vampiros, zombis e demais seres do máis terroríficos.
Á primeira hora da mañá gozamos vendo unha peli de terror e despois do recreo comezou a aventura: obradoiros artísticos de samaín onde fixemos arañas e pantasmas con chupas e piruletas e un bolso en forma de araña para gardar as lambetadas de Samaín. 
Tamén o pasamos xenial na sección de xogos terroríficos mentres esperabamos a nosa quenda para ir ao ansiado túnel da bruxa. 
Este ano o túnel contou con algunha que outra novidade coma un arrepiante cemiterio cheo de espíritos vagando polas súas almas. Os máis valentes quedaron tan encantados que repetiron!!
Para repoñer forzas degustamos un menú terrorífico á base de crema de cabaza da misteriosa horta de Frankestein, ollos sanguentos na súa tinta, dedos mortíferos e tarta de nido de sucios vermes.
Este Samaín foi especial porque un equipo de reporteiros de telemiño acudiu ao cole para filmar toda a nosa festa así como as nosas caras cheas de emocións que quedarán reflectidas na reportaxe que se emitirá na súa canle. 
Hoxe foi un gran día onde a convivencia e as emocións foron a nosa mellor aprendizaxe e o medo sen dúbida o gran protagonista.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 27 de octubre de 2017

O SAMAÍN COMEZA EN 3, 2, 1 ....

Se hai unha festa por excelencia no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás é o Samaín e dende a biblioteca parten todas as actividades e esta non ía a ser menos.
O mes de outubro comeza sempre ben cargadiño de traballo: exposición de lecturas de medo, elaboración de carteis e conxuros de Samaín así como de todo o decorado do cole que loce terrorífico de arriba a abaixo.
Non nos podemos esquecer do gran día que será o vindeiro martes 31 de outubro. Para vivir unha experiencia única lémbrate de traer a túa cabaciña o luns 30 e vir disfrazado e maquillado o martes 31 para disfrutar  dos obradoiros e xogos de Samaín e pasalo de medo do Túnel do Terror.










jueves, 26 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e hoxe xoves festexámolo coa visita do contacontos Iago López.
Así o festexamos e así de ben o pasamos.
PARABÉNS Á BIBLIOTECA DO RATO!!

 Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

CONXUROS DE SAMAÍN

Neste Samaín tocou elaborar conxuros e resultaron uns arrepiantes feitizos cos que non quedará ningunha bruxa nin mal espírito na nosa biblioteca.
Velaí vai unha de conxuros!!


domingo, 22 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro martes 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e festexarémolo coa visita do contacontos Iago López, autor do libro, "O cociñeiro Martiño"


viernes, 20 de octubre de 2017

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ

Un ano máis coa chegada do mes de outubro comezan os preparativos para a gran festa do Samaín.
Dende a clase de plástica preparamos os elementos decorativos que xa comezan a dar cor ao noso cole e dende a clase de lingua galega estamos a argallar uns arrepiantes conxuros para espantar bruxas, vampiros e demáis espíritos.
O noso rato Roger e o esqueleto Rober xa están preparados para a ocasión. así que comeza a deseñar o teu disfraz e a túa cabaza para gozar desta gran festa.








lunes, 9 de octubre de 2017

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Como cada mes de outubro, coincidindo co mes de celebración do Samaín a Biblioteca do Rato pon á vosa disposición unha selección de arrepiantes lecturas terroríficas. Quen se atreve a pasalo de medo?




viernes, 6 de octubre de 2017

O NOSO COLE NO XORNAL

A semana pasada o noso cole saiu no xornal.
Para todos os que volo perdestes, velaí vai a reportaxe.


lunes, 2 de octubre de 2017

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL DA MANCOMUNIDADE TERRAS DE CELANOVA

No día de onde disfrutamos das Xornadas de Educación Vial que a Mancomunidade Terras de Celanova ofertou aos colexios da comarca.
Despois dunha charla e video informativos a cargo do corpo de Policía Local e Bombeiros de Celanova procedemos á práctica vial nun circuito no patio do colexio. Tamén puidemos observar os vehículos de traballo dos bombeiros e da policía Local.
Foi unha xornada onde aprendemos moito e o pasamos mellor.
Así o gozamos!!

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow