jueves, 23 de abril de 2015

FELIZ DÍA DO LIBRO!



Un soño, un anceio, un clamor.
Un futuro, unha esperanza, un albor.

Un colexio, un pupitre, un profesor.
Un libro, unha páxina, un lector.




Poema que Lois Antón escribiu para o noso colexio.


Para festexar o día do Libro Diana e Daniela contáronnos o divertido conto de Paco Papán.
Despois, cada padriño e cada madriña escolleron co seu afillado ou afillados o recuncho favorito do patio para disfrutar do conto que tiñan preparado.
Gozamos dunha divertida xornada e dun estupendo día de sol contando e escoitando historias do máis divertidas e interesantes.

Así de ben o pasamos.

Recordade pois, a frase do grande Miguel de Cervantes: "O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito" e animádevos a facer dos libros os mellores compañeiros de aventuras.

sábado, 18 de abril de 2015

EN ABRIL, LIBROS MIL!!

Nas dúas últimas semanas do mes de abril homenaxearemos aos grandes protagonistas "OS LIBROS".

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SERÁN AS SEGUINTES:

  • 23 de Abril: APADRIÑAMENTOS LECTORES

Os maiores do colexio lerán contos aos máis cativos.
Tamén contaremos con algún alumno contacontos que nos sorprenderá contando agradables historias.


  • 27 e 29 de Abril: EXPOCIENCIA RAMIRÁS. 

Pais, alumnos e mestres expoñerán experimentos e prácticas científicas, paroveitando que o PDI destre curso é científico.

Dende aquí convidamos a toda a comunidade educativa a visitar a nosa biblioteca durante estes días e gozar dunhas xornadas divertidas.


jueves, 16 de abril de 2015

CÁMARAS E ACCIÓN

Chegou o momento!! Xa nos podedes ver na tele!
Gozamos dunha nova experiencia, a de falar diante das cámaras. A verdade é que pasamos nervios, moitos nervios, tanto os alumnos coma os profes pero ao final estamos orgullosos do bonito que sae reflexado no vídeo o noso cole, as actividades que facemos e o bo ambiente que se respira entre a gran familia de Ramirás.

Agradecemos de novo a todo o equipo de Telemiño por brindarnos a oportunidade de dar a coñecer o noso cole e gozar dunha experiencia que nunca esqueceremos.

Nos seguintes enlaces achégovos os vídeos do programa.

VÍDEO PRIMEIRA PARTE.
http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/c-i-p-rogelio-garcia-yanez/20150416200939018221.html

VÍDEO SEGUNDA PARTE
http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/c-i-p-rogelio-garcia-yanez-b/20150416200905018220.html

viernes, 10 de abril de 2015

SAÍMOS EN TELEMIÑO

O vindeiro mércores día 15 de abril tendes unha cita con Telimiño ás 19:50 h.

SAÍMOS NO PROGRAMA XORNAL ESCOLAR!!

Non vos perdades tampouco o suplemento do xornal escolar do periódico "La Región" do próximo mércores, porque sae un pequeno avance do programa e do transcurso da xornada de gravación no colexio.


miércoles, 8 de abril de 2015

O XORNAL ESCOLAR DO CEIP ROGELIO GARCÍA YÁÑEZ

Hoxe 8 de abril sae publicado o xornal escolar que fixemos para o concurso da región!!
Aquí podedes botarlle unha ollada.