lunes, 25 de junio de 2018

DEPORTE ESCOLAR 2017-2018

Queridas familias,
un curso escolar máis que acaba ¡¡¡como pasa o tempo!!! e que nos deixou un montón de bos momentos e recordos.
O Deporte Escolar é un destes bos momentos nos que coñecemos e nos relacionamos con outros nen@s da nosa contorna, volvemos a ver a vellos amig@s e, sobre todo, practicamos diversos deportes que nos molan moito.
 O bo de acabar é que xa queda menos para volver empezar!!!!

XA SABES... PRACTICA DEPORTE!!!!!
                                                      PINCHA NA FOTO PARA VER MÁIS IMAXES
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprogelioyanhez/galeria/thumbnails.php?album=6

miércoles, 20 de junio de 2018

BO VERÁN E FRESCAS LECTURAS

Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos un feliz verán cargadiño de moi bos momentos acompañados de frescas lecturas.
Velaí van as nosas recomendacións!!



martes, 19 de junio de 2018

EXPOSICIÓN DE PAÍSES 3º TRIMESTRE

Neste trimestre tocou recoller información e estudar os mundias de 2006, 2010 e 2014 e os seus respectivos países : Alemaña, Suráfrica e Brasil. Así decoran os corredores os murais coa información e así defendemos onte a presentación de cada un dos países.

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 4 de junio de 2018

A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Seguimos xirando e dando a volta á Terra  no noso balón e desta volta tocou estudar Alemaña 2006, Suráfrica 2010 e Brasil 2014.
Despois de buscar e seleccionar información estes son os traballos dos países deste trimestre.
O vindeiro luns 18 de xuño terá lugar a exposición na nosa biblio.