lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ

No día de hoxe, 30 de xaneiro, recordamos e lembramos que a PAZ debémola festexar todos os días para que non teña que haber un día no ano que no lo recorde. Dende a Biblioteca do Rato, contribuímos a pintar a Paz no noso colexio a través dun mural reflectido nun mosaico de pombas decoradas que forman un corazón xigante. Traballamos tamén, na elaboración dun PAZAPALABRA que hoxe puxemos a proba. Ensaimos e aprendemos a canción "Que viva a PAZ e o AMOR" que todos, hoxe, interpretamos. Finalmente gravamos  dous vídeos, que hoxe visualizamos,  de historias e poemas recitadas polos propios alumnos para contribuir a facer a PAZ no mundo enteiro.

Así festexamos o día e así vos recordamos que "A PAZ comeza cun sorriso" e que " Non hai camiño para a PAZ, a PAZ é o camiño"




 "El árbol mágico" narrado polos alumnos/as de 3º de Educación Primaria



"Lío en la clase de ciencias" narrado polos alumnos/ as de 4º. de Educación Primaria




"Norman" historia escrita por Analía  e narrada polos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.


viernes, 27 de enero de 2017

NO PLATÓ DE TELEMIÑO

Por terceiro ano consecutivo participamos no  programa "Xornal Escolar" de Telemiño e hoxe venres acudimos ao plató para gravar o programa que se emitirá o próximo 4 de febreiro.

Desta volta, a entrevistada foi a nosa directora Encarna, que pasou as probas  e respondeu as preguntas de Dania, Analía e Jose Antonio. Pasámolo xenial cos nosos, xa amigos de Telemiño, que un ano máis  fixéronnos disfrutar dunha experiencia inesquecible xa que poidemos coñecer a mascota do Clube Ourense Baloncesto, O Lobo e participamos nunha solta de globos como conmemoración do Día da Paz.

Déixovos unhas fotos do MAKING OFF para que vexades o ben que o pasamos.







viernes, 20 de enero de 2017

PINTAMOS A PAZ NA BIBLIOTECA DO RATO

Aínda que a PAZ sexa  unha situación que debería reinar en calquera momento e en calquera lugar do mundo, dende a Biblioteca do Rato queremos rendir homenaxe ao seu día grande e pintar de PAZ todos os nosos rincóns do cole coas seguintes actividades.


miércoles, 11 de enero de 2017

EXPOSICIÓN DE LECTURAS DE ARTE

Empezamos un segundo trimestre con ganas de aprender e seguir rebulindo na arte, para iso, volvemos a colocar na zona de exposicións libriños de arte con algunha que outra novidade. 
Temos unha  nova marioneta do noso ratiño na biblio. Aquí vos deixo unha foto para que vexades que feitiño é!!